InicioEconomíaSargadelos retoma a produción cun terzo do persoal e prevé abrir a...

Sargadelos retoma a produción cun terzo do persoal e prevé abrir a tenda de Cervo o luns

A célebre drag queen Miss Coco Peru amosa nas redes a súa colección da cerámica cervense

Publicada o

- Advertisement -

A cerámica de Sargadelos retomou a súa actividade o pasado luns con aproximadamente un terzo do persoal, unhas 30 empregadas das arredor de 90 que constituían o persoal da fábrica antes da pandemia do coronavirus, ante a que o grupo empresarial presentou un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) que afectou á practica totalidade das traballadoras das factorías de Cervo e Sada. A intención da empresa é “incorporar xente pouco a pouco” a medida que “o permita a demanda”, coa previsión de reabrir a venda o vindeiro luns, cando tamén se conta con rearrancar a produción no Castro sadense.

Os traballos realizados, polo de agora, consistiron no mantemento para a posta en marcha dos fornos, ademais de tarefas de colado e pintado. A empresa precisa atenter pedidos especiais e realizou un plan de incorporacións semanais que pretende implementar de xeito progresivo, en función da cantidade dos pedidos.

TENDAS

No tocante ás tendas, os espazos da Coruña e Madrid abriron o pasado luns, ao igual que a maioría dos negocios franquiciados, e Cervo e O Castro retomarán en principio a venda a vindeira semana. No caso de Santiago, procúrase outro local tras non chegar a un acordo co dono do anterior establecemento para manter o aluguer, o que posiblemente retrasará a reinauguración máis alá do mes de xullo.

No tocante ao proxecto de museo, a taberna planificada dentro do plan do conxunto museográfico abrirá en verán. Sargadelos tamén está a redeseñar o percorrido das visitas guiadas.

Por outra banda, a lendaria drag queen norteamericana Miss Coco Peru amosou en redes sociais a súa colección de cerámica de Sargadelos.

Pratos, colgantes defensivos ou pezas como a Parella Lendo compoñen a compilación desta icona da cultura gay e drag queen.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...