InicioEconomíaO Virxen da Blanca queda libre e retomará este mércores a pesca

O Virxen da Blanca queda libre e retomará este mércores a pesca

Tras presentar o aval e obter o visto bo do xulgado irlandés, o buque burelés seguirá a faenar ata completar a marea

Publicada o

- Advertisement -

O palangreiro de Burela Virxen da Blanca presentou o aval requerido polo xulgado de Irlanda, 339.000 euros, e queda libre tras ficar retido desde o pasado xoves. A tripulación do buque burelés, que consta de 13 persoas, retomará este mércores a pesca e volverá á casa ao rematar a marea. 

A tripulación do buque foi acusada polos inspectores irlandeses de facer finning, unha práctica ilegal que consiste en cortar as aletas dos tiburóns -moi apreciadas para facer sopa- e devolver os troncos dos animais ao mar. A Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de Lugo negou sempre esta acusación e alegou que “non se trata de aletas, senón de pequenos apéndices que caen ao meter os peixes en redes para conxelalos”.

DEFENSA

Os avogados reunirán probas ao longo das vindeiras semanas para presentar no xuízo ao buque, que se celebrará presumiblemente a finais de outubro ou principios do mes de novembro.

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...