InicioEconomíaPromoven unha recollida de sinaturas en apoio da delegada da UXT en...

Promoven unha recollida de sinaturas en apoio da delegada da UXT en Sargadelos

A empresa presentará este martes as súas alegacións contra as demandas interpostas no Xulgado do Social de Lugo

Publicada o

- Advertisement -

Co conselleiro delegado de Sargadelos, Segismundo García, de descanso, e á espera de que este martes remate o prazo do que gozan os servizos xurídicos do grupo empresarial e mailo propio dirixente para presentar alegacións contra as demandas interpostas pola Unión Xeral de Traballadores (UXT) e a súa delegada, Rogelia Mariña, este luns continuou a calma relativa na planta de Cervo, na que non houbo despedimentos.

A empresa presentará este martes as súas alegacións e o conflito laboral quedará en mans do Xulgado do Social nº 2 de Lugo, descartadas as reunións entre a dirección da firma e o sindicato. A partir de entón, o xuíz valorará se intervén de forma cautelar, coa paralización dos despidos ou co nomeamento dun administrador temporal.

De considerar que non procede facelo, o xuízo podería retrasarse ata outono e as miradas centraranse na asemblea de traballadoras prevista para o 11 de setembro, na que o único punto do día é a destitución de Mariña do seu cargo como sindicalista.

“CAMPAÑA DE DIFAMACIÓN”

En apoio da delegada sindical, a UXT-FICA (Federación de Industria, Construción e Agro) rexistrou unha recollida de sinaturas en Change.Org para que remate “a camapaña de difamación” da empresa contra Mariña, que segue apartada pola firma, cun permiso retribuído.

No texto introdutorio tamén se critica a postura do outro sindicato con representación na planta, CC. OO., que “non deu unha mínima mostra de solidaridade con Rogelia” e “conta co total apoio dunha persoa”, en alusión a García, que “dirixe a empresa pensando que vive no século XVII”. A petición, polo de agora, foi secundada por 2.148 asinantes.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...