InicioEconomía“Hai que aumentar a cota”, a conclusión da campaña do bonito

“Hai que aumentar a cota”, a conclusión da campaña do bonito

A lonxa burelesa alixou 1,12 millóns de quilos do túnido a un prezo medio de 4,20 euros

Publicada o

- Advertisement -

A costeira máis rápida -ou máis curta- da historia deixou 1.118.000 quilos de bonito na lonxa de Burela, o porto de referencia do Cantábrico, segundo os datos que ofreceu o xerente de Armadores de Burela (Absa), Miguel Neira.

O volume de capturas fala da abundancia do recurso, pois no 2017 alixáronse 963 toneladas con case dous meses de campaña. O resultado da costeira deste 2018 foi un total de 4.676.000 euros de volume de negocio, unha cifra “superior ás das dúas últimas campañas”, segundo precisa Neira, pero que deixa un sabor de boca agrio polo esgotamento da cota asignada a España, que fixo pechar a pesquería en agosto.

48 BUQUES VENDERON EN BURELA

Así, o xerente de Absa asegura que toca “traballar desde xa” para que “España poda ter máis cota”. Neira precisou que un total de 48 embarcacións venderon bonito na lonxa burelesa ao longo desta campaña, cun prezo medio de 4,20 euros o quilo, “30 céntimos menos ca o do pasado ano”.

ÚLTIMAS

Licitadas as obras para mellorar a intersección entre a N-642 e a LU-152 en Foz

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable licitou por 511.617,26 euros o contrato de...

‘Plans con Corazón’ da Mancomunidade chegarán a Ourol, Foz e Barreiros

Aproveitando que a vindeira fin de semana será un pouco máis longa, ao sumarse...

Medalla de Ouro de Viveiro á Xunta de Confrarías da cidade

O Concello de Viveiro celebrará este mércores, 7 de outubro, ás 19:30 horas, unha...

Ribadeo inviste un millón de euros na reparación de vías de comunicación

Ribadeo investirá un millón de euros no arranxo das vías de comunicación, procedente da...