InicioPolíticaBarreiros aproba unha declaración institucional en apoio do persoal das auxiliares

Barreiros aproba unha declaración institucional en apoio do persoal das auxiliares

O documento, que respaldan BNG, PP e PSOE, amosa o "apoio explícito" ao persoal afectado polos Ertes anunciados en Reymogasa e Cyrgasa

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O Concello de Barreiros emitiu unha declaración institucional, grazas ao acordo “unánime” de todos os grupos da corporación municipal, de apoio “ao cadro de persoal das empresas auxiliares de Alcoa”. Un total de 43 traballadores de Cyrgasa e Reymogasa están afectados polos Expedientes Termporais de Regulación de Emprego (ERTEs) anunciados por mor da decisión da multinacional de parar a rebrascaxe das cubas.

A alcaldesa, Ana Ermida, acaba de asinar “unha declaración acordada polos tres grupos políticos” (BNG, PP e PSdeG-PSOE) na que se expresa o apoio “explícito” dese Concello mariñao ao persoal afectado polo Erte, provocado pola decisión de Alcoa de non reparar aquelas cubas que chegan ao final da súa vida útil. Ademais, o Concello de Barreiros, engade, “fai súas as reivindicacións trasladadas pola plataforma coordinadora das empresas auxiliares de Alcoa”.

Ermida explicou que esta declaración institucional prodúcese en resposta á petición desa coordinadora de aprobar acordos plenarios en todos os municipios da comarca para reclamar o mantemento da totalidade dos postos de traballo en Alcoa e nas auxiliares. “Debido a que non está prevista a realización inminente de ningún pleno en Barreiros”, precisou a alcaldesa, púxose en contacto cos portavoces dos demais grupos políticos para comunicarlles a demanda da plataforma e acordar a declaración institucional de apoio.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...