InicioEconomíaCatro municipios mariñaos, sen impostos para empresas

Catro municipios mariñaos, sen impostos para empresas

Mondoñedo, Ourol, O Vicedo e Xove terán prioridade nas axudas da Xunta por favorecer o tecido empresarial

Publicada o

- Advertisement -

Mondoñedo, OurolO Vicedo e Xove son os catro concellos da Mariña que facilitarán a instalación de empresas no seu territorio coa bonificación do 99 por cento dos impostos locais. A Xunta de Galicia daralles por isto “prioridade” nos programas de axudas que manteña cos entes locais.

Segundo os datos do Goberno galego, un de cada tres concellos -dos 313 que hai na actualidade en Galicia- participarán desta iniciativa. O presidente do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, entregou diplomas aos primeiros 47 municipios das catro provincias que xa se converteron en “emprendedores”.

un de cada tres concellos galegos adoptará esta medida, segundo o goberno galego

O acto contou coa presenza do conselleiro de Economía, Francisco Conde, e do presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, que alegou que “o verdadero reequilibrio territorial de Galicia” será a fixación de poboación no rural coa creación de emprego. García defendeu que “hai que entender esta bonificación como diñeiro que se deixa de ingresar durante tres anos, pero que non se perde”.

SEN “BARREIRAS ADMINISTRATIVAS”

Feijóo apelou a que os concellos “levanten as barreiras administrativas” para facilitar a tramitación “con garantías” da instalación de empresas. “Todos somos axentes económicos e temos responsabilidade na marcha da economía. Galicia conta con 313 oportunidades para dar unha mensaxe a todos os emprendedores que están a buscar de onde pórse e medrar”, resaltou.

ÚLTIMAS

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

A Plataforma Sanitaria da Mariña presenta a manifestación para o 1 de febreiro en Santiago

O centro de saúde de Barreiros foi o escenario elexido pola Plataforma Sanitaria da...