InicioEconomíaO fórum de automoción de Ribadeo regresa do 28 ao 31 de...

O fórum de automoción de Ribadeo regresa do 28 ao 31 de agosto

Técnicos de PSA, BMW, Scania ou Bosch participarán no evento, que se celebrará no hotel O Cabazo

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Promotores de Automoción de Galicia (Apaga) organizará do 28 ao 31 de agosto en Ribadeo a sétima edición do Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos. O evento, que se celebrará no hotel O Cabazo, está enfocado a profesores e alumnos da rama do automóbil e os transportes, pero tamén a todos aqueles afeccionados ao mundo do motor.

PROGRAMA

O programa permitirá aos asistentes coñecer as últimas tecnoloxías que se están a aplicar na automoción e mesmo as técnicas dos vehículos de competición, coa presenza dun técnico do TRS Racing Team.

Tamén participarán na cita representantes de Bosch, Scania ou BMW, así como de PSA, que presentará o DS7 Crossback. Entre os temas do encontro, falarase de coches eléctricos e híbridos, soldadura por láser ou carga de baterías. Ademais, como novidades, haberá actividades externalizadas en Madrid e Pamplona.

Programa do fórum. AXM

PRESENTACIÓN

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, criticou o “abandono da Formación Profesional” e subliñou que “este foro vai no senso de estar cada vez máis preto da empresa e de que haxa unha colaboración máis intensa. Creo que ese é o camiño, independentemente doutro tipo de temas. Eu penso que a formación laboral non se entende sen a FP”, asegurou.

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, manifestou que “para prepararse para as novas tecnoloxías e para os novos adiantos non hai nada mellor que este tipo de xornadas nas que se poñen en coñecemento, con profesionais do sector do automóbil, todas as tendencias e tecnoloxías que saen nese mundo”. Ademais, Campos destacou que este tipo de eventos “poñen A Mariña no mapa”.

Pola súa banda o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, declarou que “creo que o programa é atractivo para o profesorado e servirá tamén para que as persoas de fóra desfruten deste fermoso concello”.

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, salientou que “detrás de todo isto está o profesorado de FP, a xente que realmente cre que debe estar aí para axudar tanto aos alumnos como aos seus propios compañeiros e á propia industria. Álvaro Doural e o seu equipo están facendo unha labor extraordinaria”, concluíu.

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, declarou que “a palabra Barreiros case se asimila máis cun camión que cun concello. O polígono do noso municipio conta con varias industrias vinculadas ao sector da automoción e por iso creo que debemos apoiar este foro”.

ÚLTIMAS

O futuro da Mariña: unha historia aínda sen argumento

Alcoa anunciaba que paralizaba a construción do forno de cocción de ánodos, un dos compromisos...

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Burela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e Pre-Base

O Concello de Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga...