InicioEconomía"É unha mágoa, poidemos pescar o dobre de bonito"

“É unha mágoa, poidemos pescar o dobre de bonito”

A flota burelesa reclama "máis cota" tralo peche da pesquería e algunhas embarcacións fican sen alternativas ao túnido

Publicada o

- Advertisement -

A campaña do bonito do norte rematou na madrugada do mércores ao xoves cun sabor agridoce para a flota, que valora a cantidade de peixe capturado pero que se laia da falta de cota, un factor que adiantou o peche da pesquería ao mes de agosto.

É unha mágoa; paramos a pouco máis da metade da costeira, con moito recurso, e poidemos pescar o dobre”, lamenta Sergio López, xerente da Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) Lugo. No 2017, o Goberno central clausurou a pesquería o 13 de outubro e no 2016 a pesca do túnido rematou o día 5 dese mesmo mes.

CERCANÍA Á COSTA

A cantidade de bonito e a súa cercanía á costa animou a moitas embarcacións o tanque de Biscaia e Cantabria a sumarse á campaña, o que multiplicou o ritmo de pesca e esgotou en agosto o tope de 15.015 toneladas asignado para España pola Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT).

a flota burelesa reclama que se teña en conta “a boa situación biolóxica da especie”

Por iso, a flota burelesa reclama que se teña en conta a “boa situación biolóxica da especie”, expón López, e pide ao Goberno Central e á Comisión Europea que se fagan valer para acadar un mellor reparto na vindeira xuntanza do organismo internacional que regula a pesca do bonito.

José Ramón Lamelas, armador do Ramón Estefanía, mostra a frustración da flota ao sinalar que “levamos anos sen un peixe no mar e agora que o hai temos que quedar na casa”. O empresario expón o trastorno que supón o peche da pesquería para algunhas embarcacións. “Quedamos sen nada a que andar”, asegura, “porque espada non hai e a quenlla non é rentable para nós. Imos darlle aos traballadores vacacións e veremos que facemos”, conclúe.

na campaña do 2017, que durou ata mediados de outubro, alixáronse en burela só 65 toneladas máis do túnido ca este ano

ABUNDANCIA

Segundo os datos de Pesca de Galicia, vendéronse até este xoves 898.223 quilos na lonxa de Burela, a un prezo medio de 4,19 euros. A cifra é parcial, pois as embarcacións, pechada a pesquería, aínda terán uns días para descargar o capturado nas últimas xornadas. Con todo, os datos falan por si sós da abundancia do túnido: no 2017, con case dous meses máis de prazo para faenar, capturáronse 963 toneladas, cun promedio de custo de 4,50 euros.

ÚLTIMAS

O comité de Alcoa pide de novo a convocatoria da mesa de seguimento

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao pediu por segunda vez unha...

Terceira limpeza nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo aposta polas parroquias e acomete nelas a terceira limpeza. O alcalde, Dani Vega,...

Viveiro envía máis de 3.000 notificacións para garantir a prevención de incendios nas parcelas

Co obxectivo de conservar o solo e a biomasa vexetal nunhas condicións que permitan...

Inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela,...