InicioEconomíaBloques Cando adquire tres parcelas no polígono de Mondoñedo para fabricar formigón

Bloques Cando adquire tres parcelas no polígono de Mondoñedo para fabricar formigón

O Concello resalta que a nova planta "creará postos de traballo" tanto na fabricación como na distribución do material

Publicada o

- Advertisement -

Bloques Cando S. L. adquiriu tres parcelas (S26, S27 e S28) no polígono industrial de Mondoñedo. A aposta da empresa conleva a implantación nunha superficie, que supera os 3.100 metros cadrados, dunha planta destinada á fabricación de formigón para posterior distribución en obra.

Segundo avanzou o Concello de Mondoñedo, “o proceso de implantación leva aparellado tamén a creación de novos postos de traballo de forma directa e indirecta, xa que a súa posta en marcha require a contratación de persoal tanto para operar na planta en si, como para a distribución do material”.

O goberno local mindoniense remarca que puxo en marcha unha liña de axudas para o fomento de actividades económicas no parque empresarial. Adherido ao programa Doing Business, o executivo local ofrece rebaixas fiscais ás empresas que se instalen no seu territorio; entre elas, no Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) e no Imposto de Actividades Económicas (IAE).

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...