InicioEconomíaGondán construirá o catamarán máis rápido dos fabricados en España

Gondán construirá o catamarán máis rápido dos fabricados en España

A división de fibra encargarase da construción da embarcación nun prazo de nove meses

Publicada o

- Advertisement -

Astilleros Gondán construirá na súa división de fibra un catamarán de pasaxeiros que será –segundo explicou a compañía- “o máis veloz dos construídos en España ata o momento”. A factoría naval anunciou este luns a sinatura deste novo contrato que contempla a construción en nove meses.

“O barco será impulsado por dous motores de 3.000 CV cada un e alcanzará unha velocidade de 34 nudos a plena carga”, segundo detallou a compañía ubicada en Castropol nunha nota informativa.

DISTINCIÓNS

Da factoría de Gondán xa saíron no último ano outras catro unidades deste tipo de embarcacións, encargadas por Balearia para operar entre as illas de Ibiza e Formentera. O primeiro destes barcos foi recoñecido como a construción naval máis destacada de 2017 polo Colexio Oficial de Ingenieros Navales y Oceánicos.

O astaleiro, fundado en 1925, incorporou en 2009 unha liña de produción de cascos de fibra de vidro para adaptarse á demanda de embarcacións que requiren menor prazo e presuposto que os grandes barcos para armadores españois e internacionais que construíu nas décadas dos setenta e oitenta.

ÚLTIMAS

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...

Dúas alumnas de Foz participan no Campionato Mundial de Pizza Picante en Italia

Marta Chao e Kiara Cabado, alumnas de segundo ano do Ciclo Medio de Cociña...

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...