InicioEconomíaO persoal concentrarase polos impagos antes dunha semana chave para o futuro...

O persoal concentrarase polos impagos antes dunha semana chave para o futuro de Muebles Hermida

Con arredor de 95 traballadores e en declive desde a crise do sector e o estourido da burbulla inmobiliaria, a empresa debátese entre a venta e o concurso de acredores

Publicada o

- Advertisement -

O persoal de Muebles Hermida concentrarase este xoves, 28 de decembro, polos atrasos de tres meses no pago das nóminas, antes dunha semana que se presume chave para o futuro da empresa de Lourenzá.

A protesta será de 14.00 a 15.00 horas, e despois das discrepancias que mantiveron ao longo das últimas semanas os dous principais sindicatos do comité de empresa, formado por CIG -dous delegados-, UXT -dous representantes- e un independente, finalmente a convocatoria acadou a unanimidade do organismo de representación dos traballadores.

Ante a delicada situación da empresa, que ten a intención de vender unha fábrica na que traballan arredor de 95 empregados, a semana que vén podería ser chave para o futuro de Muebles Hermida, que se debate entre a venta -a dirección conta, segundo expuxo aos sindicatos, con alomenos dúas ofertas– ou o concurso de acredores.

CHEGOU A TER 225 EMPREGADOS

Constituída no 1982 e outrora un referente a nivel galego que chegou a dar emprego a 225 traballadores e xerar un volume de negocio de 24 millóns de euros, Muebles Hermida entrou en declive na época da crise do sector e do estourido do boom inmobiliario. No 2011 presentou un ERE de extinción que afectou a 75 traballadores, que supuñan daquela case o 40% do persoal. Nos últimos tempos, e malia un repunte da facturación no 2015, a empresa non remontou o voo.

ÚLTIMAS

Raquel Blas: “A Queimada de Cervo naceu nunha formigoneira”

-Como naceu esta queimada popular, cales foron os motivos que tiveron as persoas a...

A Feira de Gando do San Bartolo volve a Penas Agudas o luns 24 de agosto

Como cada ano, e mantendo viva unha tradición que se remonta a tempos ancestrais,...

A Garda Civil comisa 28 quilos de polbo sen trazabilidade na Mariña

A Garda Civil, en colaboración con persoal inspector do Servizo de Gardacostas de Galicia,...

O PP de Foz denuncia o abandono da praza Pardo de Cela por parte do goberno de Cajoto

O voceiro do Grupo Municipal do PP de Foz, Javier Castiñeira, denuncia o “lamentable...