InicioEconomíaCIG e CC OO, a forza máis votada, empatan a nove delegados...

CIG e CC OO, a forza máis votada, empatan a nove delegados nas eleccións sindicais de Alcoa

A UXT queda con cinco, pero o sindicato socialista será decisivo na elección do novo presidente do comité

Publicada o

- Advertisement -

Comisións Obreiras (CC OO) superou á Confederación Intersindical Galega (CIG) como central máis votada nas eleccións sindicais do complexo industrial de Alcoa San Cibrao. Ambos os sindicatos terán nove representantes, mentres que tras contar con sete a Unión Xeral de Traballadores (UXT) quedará con cinco, aínda que terá peso na elección do novo presidente do comité, que deberá ser negociado de novo.

As tres forzas participantes repartíronse 23 delegados, 17 no colexio de especialistas e non cualificados e seis no de técnicos e administrativos. No primeiro, CC OO (liderada por José Antonio Zan) e CIG (na que repetiu como cabeza de lista Xosé Paleo, presidente do comité os últimos catro anos) terán sete representantes, por tres da UXT, na que o candidato foi Jorge Fernández “Castañón”; no segundo, onde a central socialista foi a máis votada, os tres sindicatos obtiveron dous delegados.

En votos, CC OO foi a forza máis votada –o que non ocorría desde 1990-, con 351 sufraxios (277 no colexio de especialistas e non cualificados e 74 no de técnicos e administrativos); A CIG obtivo 335 (262+73), por 228 da UXT (135+93).

MEDRA A PARTICIPACIÓN

Dun censo de 1.145 traballadores, votaron 931 (o 81,31%), subindo a participación arredor de tres puntos e medio con respecto a 2015 (77,8%). Daquela, o reparto de representantes fora de sete para CIG e UXT, seis para CC OO, dous para CSIF e un para APC. USO non obtivera delegados.

A CRISE DE ALUMINIO, PRIMEIRO RETO PARA O NOVO COMITÉ

Por agora non hai data para a celebración do pleno de constitución, onde se decidirá o novo presidente. O comité de empresa terá que afrontar, como primeiro e principal conflito, a situación da planta de aluminio, onde hai 32 cubas paradas e que Alcoa ve inviable sen un abaratamento da electricidade; nun contexto, ademais, no que a multinacional anunciou un plan de axuste a cinco anos no que prevé o peche de fábricas.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...