InicioEconomíaCuarta marcha do persoal de Reymogasa para esixir a subrogación de 65...

Cuarta marcha do persoal de Reymogasa para esixir a subrogación de 65 empregados

Reclama "as mesmas condicións laborais" para os empregados afectados pola renuncia da auxiliar a prestar o servizo de mantemento mecánico en dixestión da planta de alúmina

Publicada o

- Advertisement -

O persoal de Reymogasa retomou este luns as protestas para a subrogación de 65 empregados “nas mesmas condicións laborais” que tiñan nesta empresa auxiliar de Alcoa.

Os obreiros marcharon de novo desde os vestiarios de Reymogasa ata a portería de Alcoa para “defender os nosos postos de traballo”.

A auxiliar de Alcoa renunciou ao contrato de mantemento mecánico no departamento de dixestión da planta de alúmina, situada no complexo industrial de San Cibrao.

Segundo expuxo o comité, os sindicatos foron “excluídos” das negociacións entre as empresas para a asunción destas tarefas. Así, as centrais quéixanse de se lles suministrou información “tarde e mal”, polo que reclaman que se lles inclúa no proceso.

ESTE MARTES, NOVA MOBILIZACIÓN

Se non se satisface a súa esixencia, os traballadores continuarán as protestas este martes, 4 de novembro, e o vindeiro xoves, día 7.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...