InicioEconomíaA Deputación levará ao Pleno a reclamación dunha Autoridade Portuaria propia para...

A Deputación levará ao Pleno a reclamación dunha Autoridade Portuaria propia para San Cibrao

Tomé remarca que Lugo é a única provincia marítima sen un organismo propio e sostén que o porto sancibrense "non está xestionado en clave territorial"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación, José Tomé, defendeu a necesidade dunha Autoridade Portuaria propia para Lugo e anunciou que o Grupo Socialista levará ao Pleno ordinario do vindeiro martes, 29 de outubro, unha moción que reclama ao Goberno central, “no momento no que teña as competencias plenas despois das eleccións xerais do 10 de novembro“, a creación para o porto de San Cibrao dun organismo de xestión independente.

Así llo trasladou ao secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e ao presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, que reclamaran este organismo como “un plan B para a situación de Alcoa”.

Segundo argumenta o presidente da Deputación, esta reclamación evidencia que, “ao contrario que outros representantes institucionais, nós poñemos os intereses da provincia por riba de calquera interese partidista”.

Tomé sostivo que Lugo é a única provincia marítima do Estado cun porto de interese xeral que non ten autoridade propia e que “é o momento de retomar esta demanda e rematar así cunha anomalía do sistema portuario español”. O mandatario provincial lembrou tamén que hai 17 anos que Lugo foi declarada provincia marítima, condición imprescindible para a creación do organismo, “logo dunha reclamación expresada xa polo Partido Socialista no 2002”.

Segundo recalcou Tomé, a infraestrutura “non está xestionada a día de hoxe en clave territorial, o que melloraría a súa implicación co entorno e permitiría estudar novas posibilidades económicas”.

PORTO DE INTERESE XERAL

Precisamente porque hai cada vez máis factores que escapan ao noso control, non podemos renunciar a xestionar con criterio propio aqueles activos económicos que si son nosos, como o porto de San Cibrao”, argumentou Tomé. O presidente da Deputación recalcou que “este non é un reproche cara a xestión da actual Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao”, pero remachou que Lugo quere estar “en pé de igualdade co resto de portos de interese xeral do Estado, non desde esta sorte de minoría de idade tutelada que temos”.

A infraestrutura responde ás características dun porto de interese xeral polas súas actividades marítimas internacionais e o volume do seu tráfico.

ALCOA, CONCESIONARIA ATA 2023

Tomé tamén se lembrou de Alcoa e deixou claro que “esta reclamación non afecta en absoluto ao uso prioritario do porto por parte da empresa”. A actual concesión á empresa de aluminio vence no ano 2023, polo que desexou que a renegociación da concesión se leve a cabo “dende unha autoridade portuaria independente, que planifique o futuro pensando no mellor para Lugo”.

PETICIÓN “HISTÓRICA”

Pola súa banda, López puxo en valor “o compromiso” do presidente da Deputación de Lugo para levar adiante esta moción, que é o recoñecemento e o apoio claro a esta iniciativa que é histórica e da que depende o futuro de Lugo”. Vázquez afirmou que “imos loitar con todo tipo de accións, como fixemos sempre, para sacar adiante esta iniciativa”.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...