InicioEconomíaOs empresarios piden que Lugo conte cunha autoridade portuaria propia, "un plan...

Os empresarios piden que Lugo conte cunha autoridade portuaria propia, “un plan B” ante a situación de Alcoa

O empresariado cre que "é o momento" de abordar "unha petición histórica" ante a permanencia dunha fábrica "que depende de criterios económicos"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, explicou que a patronal lucense, en colaboración coa Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, está tratando de introducir no debate político a necesidade de que esta provincia conte cunha autoridade portuaria propia.

En declaracións a Efe, López recordou que Lugo é provincia marítima, de modo que a consecución dunha autoridade portuaria propia que xestione os recursos obtidos polas súas infraestruturas é “unha reivindicación histórica da CEL”.

Segundo López, estamos no momento “oportuno”, dado que existe na provincia ?moita preocupación pola situación actual de Alcoa“, tendo en conta de que se trata “dunha multinacional” e a súa “permanencia no noso territorio” vai depender de “criterios económicos“.

Á PROCURA DE CAPTAR “TRÁFICO MARÍTIMO”

Ademais, cunhas eleccións xerais ás portas, a CEL entende que tamén é o momento “oportuno” para “conseguir o compromiso dos políticos” con esta causa.

Ao seu xuízo, a provincia de Lugo ten que ter un “plan B” e ter á súa disposición unhas “infraestruturas que poden captar tráfico marítimo e obter recursos“, que despois poderían ser investidos en obras “de conservación e mellora”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...