InicioEconomíaImputados deputados, sindicalistas e obreiros de Alcoa por "atentar contra a autoridade"...

Imputados deputados, sindicalistas e obreiros de Alcoa por “atentar contra a autoridade” nunha protesta

Yolanda Díaz, Antón Gómez Reino, Ángela Rodríguez ou presidente do comite da planta da Coruña comparecerán como investigados polo acontecido o pasado 28-M en Madrid

Publicada o

- Advertisement -

Deputados de Unidas PodemosRafa Mayoral, Antón Gómez Reino e Yolanda Díaz-, ex representantes na Cámara de En MareaÁngela Rodríguez-, sindicalistas -entre eles Víctor Ledo, secretario xeral de Comisións Obreiras (CC OO), e o presidente do comité de empresa de Parter-A Coruña, Juan Carlos López Corbacho-, así como traballadores da planta da Coruña -ningún da factoría de San Cibrao– foron imputados por un suposto delito de “atentado contra a autoridade” en relación ao seu comportamento durante unha concentración en Madrid polo futuro das plantas coruñesa e de Avilés, que daquela pertencían a Alcoa.

Nove persoas comparecerán como investigadas ante a titular do xulgado número 25 de Madrid, Raquel Robles, tralos incidentes que ocorreron na concentración dos traballadores fronte ao Congreso dos Deputados, o pasado 28 de marzo, cando un empregado da Coruña foi detido -precisamente é un dos dous investigados- e vivíronse momentos de tensión entre os obreiros e as forzas de seguridade, que cargaron contra os manifestantes.

NINGÚN OBREIRO DE SAN CIBRAO ENTRE OS INVESTIGADOS

Malia que nesa concentración coma noutras posteriores traballadores de San Cibrao desprazáronse a Madrid para estar cos seus compañeiros, ningún dos operarios da fábrica sancibrense está entre os nove investigados, segundo confirmou o delegado de CC OO na fábrica de Cervo, José Antonio Zan.

CC OO E UNIDAS PODEMOS FALAN DE “PERSECUCIÓN”

CCOO, que lamentou a “persecución” ás persoas denunciadas, “que non opuxeron resistencia ningunha”, anunciou protestas para os próximos días, cadrando coas comparecencias xudiciais. Serán o 24 de setembro, ás 11.00, diante dos xulgados da Coruña, e o 8 de outubro, tamén ás 11.00, diante dos xulgados de Ferrol. O sindicato insta ao Goberno que saia das urnas o 10 de novembro a comprometerse a derrogar a coñecida como “Lei Mordaza“.

Unidas Podemos, pola súa banda, acusou ao ministro do Interior en Funcións, Fernando Grande-Marlaska de “reactivar as cloacas do Estado”. “Parécenos que este caso novo de policía política, un ataque ao sistema democrático inaceptable do que (Grande-Marlaska) debe render contas”, manifestou Mayoral, que lembrou que pola súa condición de deputado só pode ser chamado a declarar polo Tribunal Supremo.

O VENRES, NOVO CORTE DA N-642

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao lembrou este xoves que o vindeiro venres o persoal cortará de novo a N-642 á altura do Castelo, de 14.00 a 14.30 horas, para esixir que o Goberno central “active canto antes” as medidas que “revertan a deriva” que tomou Alcoa co recorte produtivo do 11% na planta de aluminio, parando 32 cubas.

ÚLTIMAS

O Goberno central anula a reunión de seguemento de Alcoa prevista para o luns 9 de decembro

O Goberno central anulou a reunión de seguimento de Alcoa prevista para o vindeiro...

O Concello de Ribadeo declara que se abriron 42 empresas no municipio no último ano

A apertura de negocios segue medrando en Ribadeo, onde se instalaron 42 empresas no...

Xove acenderá a Árbore e Nadal este xoves ás 18:30

A continuación enviamos información acerca da inauguración do Nadal 24-25 hoxe en Xove: O Concello...

O Resurrection Fest completa cartel con grandes grupos como Slipknot, KoRN, Judas Priest e Till Lindeman

O Resurrection Fest anunciou 80 novos nomes que perfilan o cartel definitivo para a edición do...