InicioEconomíaA OPP Lugo sensibiliza en Bruxelas sobre a pesca de tiburón

A OPP Lugo sensibiliza en Bruxelas sobre a pesca de tiburón

O taller, organizado en colaboración cos armadores vigueses, congregou a representantes de institucións, ONG e organizacións pesqueiras

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-07), en colaboración coa Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (Arvi), impulsaron a través da Confederación Española de Pesca (Cepesca) un taller internacional sobre a xestión pesqueira dos tiburóns que se celebrou en Bruxelas.

Asistiron ao encontro Juan Arístegui Laborde, embaixador representante permanente adxunto de España ante a Unión Europea (UE); Ramón de la Figuera, subdirector xeral do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama); Raúl García, coordinador de pesquerías de WWF España; Javier Garat Pérez, secretario xeral de Cepesca e presidente de Europêche; Monica Barone, da Food and Agriculture Organization (FAO); e Anders Jessen e Jorge Rodríguez Romero, da Comisión Europea.

O acto tivo como obxectivo sensibilizar a representantes das institucións europeas e nacionais, ONGs e organizacións pesqueiras sobre as características e problemas desta pesquería de palangre de superficie, unha das artes de pesca máis selectivas, que tenta evitar as capturas accidentais de aves, tartarugas ou outras especies prohibidas.

DEGUSTACIÓN

Cebiche de marraxo. AXM

Ao remate, a OPP Lugo ofreceu una degustación con diversas receitas: marraxo en adobo e cebiche de marraxo, e chateau e fideuá de caella.

 

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...