InicioEconomíaO cargueiro máis longo que atracou en Burela atrae miradas

O cargueiro máis longo que atracou en Burela atrae miradas

O Wilson Nice, de 123 metros de eslora, levará 8.000 toneladas de madeira a Islandia

Publicada o

- Advertisement -

O excepcional tamaño do barco Wilson Nice atraeu aos curiosos na mañá do luns no porto de Burela, onde o buque carga madeira para levala a Islandia. Numerosas persoas admiraron as dimensións da embarcación, a máis longa que atracou no peirao. 

De bandeira maltesa e tripulación rusa, o cargueiro ten 123 metros de eslora, 17 de manga e 5,4 de calado. Cargará 8.000 toneladas de madeira a granel no peirao burelés, a onde chegou procedente de Huelva.

O Wilson Nice. JOHN DHORN/MARINE TRAFFIC

Logo de dous anos de interrupción, en xaneiro do 2017 retomouse o envío de madeira no porto burelés. Segundo datos de Portos de Galicia, no primeiro cuadrimestre do 2018 movéronse 8.000 toneladas de madeira en bruto fronte ás 10.000 do mesmo período do exercicio anterior. 

ÚLTIMAS

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Burela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello e non dificultar o traballo dos axentes

A vaga de roubos notificada nos últimos días en diversos puntos da comarca da...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...