InicioEconomíaOs socios da OPP asinan un compromiso para unha pesca "sostible"

Os socios da OPP asinan un compromiso para unha pesca “sostible”

O colectivo aproba unha guía de boas prácticas que aborda temas como a xestión de residuos, os descartes ou as condicións de traballo

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros (OPP) de Lugo celebrou a súa asemblea anual, na que o punto máis destacado da xuntanza foi a sinatura dun documento polo cal os asociados da agrupación -que reúne a empresarios de catro modalidades de pesca– se comprometen a seguir unha guía de boas prácticas elaborada pola propia OPP.

O manual define os procesos de traballo, hábitos de captura e venta segundo cada arte de pesca, así como as obrigas normativas en seguridade, prevención ou xestión de residuos. Tamén, cuestións relativas ao ámbito social dos traballadores a bordo. A intención é, segundo a OPP, que os membros se comprometan a realizar “unha práctica sostible” da actividade pesqueira.

TALLAS MÍNIMAS

No tocante ás boas prácticas sociais, a guía avoga por garantir unhas condicións dignas de traballo e saúde a bordo. Sobre a actividade pesqueira, a OPP recomenda que se procure un equilibrio “presente e futuro entre o volume de capturas e o rendemento económico”, evitando os descartes. Sobre as capturas non desexadas, a guía da OPP fai fincapé no respecto ás tallas mínimas estipuladas pola lei e no uso da tecnoloxía para non atrapar especies sen interese comercial.

RESIDUOS, CONSUMO E HIXIENE

Unha eficiente xestión de residuos, a redución do consumo e das emisións -coa importancia dun mantemento periódico dos buques-, o coidado das condicións hixiénico-sanitarias ou a atención á seguridade alimentaria durante todo o proceso pesqueiro -captura, refrixeración, estiba, eviscerado e desembarque- son outros dos compromisos asinados polos produtores.

A xuntanza da OPP incluíu a aprobación das contas e dos novos presupostos da agrupación.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...