InicioEconomíaBlack Dragon Gold inicia trámites para abrir unha mina de ouro en...

Black Dragon Gold inicia trámites para abrir unha mina de ouro en Salave

A Plataforma Oro No, que liderou a mobilización social contra outros intentos de extraer o mineral, agarda coñecer a documentación "para decidir que pasos dar"

Publicada o

- Advertisement -

A mineira Black Dragon Gold anunciou a súa intención de abrir unha mina de ouro en Salave, en Tapia de Casariego.

A empresa confirmou que a súa filial española Exploraciones Mineras del Cantábrico presentou un proxecto inicial á Dirección Xeral de Minas do Principado de Asturias, comezando unha tramitación que terá un longo percorrido administrativo.

A administración asturiana ten que revisar a documentación e dirixirse ao Ministerio de Medio Ambiente, que se encargará de establecer os termos de referencia para avaliar o informe de impacto ambiental que debe presentar a empresa. O comunicado da compañía só aclara que se trata dun “proxecto de minería subterránea”.

TERCEIRA TENTATIVA

Trátase do terceiro intento de explotar os recursos auríferos da zona despois dos iniciados  en 2005 e en 2010, con outras marcas pero respaldados polos mesmos capitais, fracasasen froito da mobilización social artellada arredor da Plataforma Oro No.

A presentación dun novo proxecto para extraer o mineral da zona parecía cuestión de tempo. En xaneiro de 2018, Black Dragon Gold retomou o proxecto que presentara en 2010 baixo a firma Astur Gold completando uns sondeos de prospección que foran autorizados tres anos antes aproveitando a vixencia da licenza concedida no seu momento.

A Plataforma Oro No amosábase daquela convencida de que a empresa acabaría presentando un plan mineiro para extraer o ouro de Salave.

“A zona está máis que sondeada, saben pefectamente o que hai pero estas manobras servenlles para publicitar a compañía, para xerar expectativas nos mercados financieros. De feito, co anuncio, as súas accións rebotaron na bolsa”, apuntaban.

O ECOLOXISMO, EN ALERTA

O colectivo afirmou que “volverá actuar con rigor e firmeza vixiando que se cumpra a legalidade” e “fiel á idea de que unha mina de ouro non ten encaixe na zona”. Con todo, afirma que “esperaremos a poder estudiar a documentación para decidir que pasos dar”.

A Coordinadora Ecoloxista d´Asturies tamén se mantén á espera de que a Dirección Xeral de Minas publique o proxecto e se inicie o trámite de consultas previas.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...