InicioEconomíaAcisa ensinará aos nenos as vantaxes do comercio local

Acisa ensinará aos nenos as vantaxes do comercio local

Os pequenos ribadenses, de tres anos en diante, comprobarán a calidade dos produtos ou o trato do comercio de proximidade

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa) organizará o vindeiro sábado Xoga e aprende con Acisa‘, un obradoiro de aprendizaxe sobre o comercio local dirixido a nenos e nenas a partir de tres anos. A actividade, de balde, celebrarase de 11.30 a 14.00 horas no centro de ocio infantil Con Sentidiño.

ULIR, TOCAR

Ao longo da xornada lúdica e educativa, os nenos e nenas sairán á rúa para visitar distintos comercios de Ribadeo. Así, observarán de primeira man as vantaxes de mercar no comercio local. Nas tendas poderán ulir, tocar e comprobar a calidade dos bens que consumen, algo imposible de facer por internet.

MERCADO

Ademais, no centro disporase un mercado para que os nenos xoguen a mercar e vender, de xeito que podan comprender a importancia de tratar ben aos clientes, un trato que proporciona como ningún outro o comercio de proximidade. Tamén haberá xogos referentes ás compras por internet, que servirán para entender as vantaxes e desvantaxes que ofrece esta posibilidade.

“DIVERTIRSE E APRENDER”

O presidente do colectivo de comerciantes, Francisco Iriarte, sinala que o fin do taller “é ensinar aos máis pequenos a importancia de mercar no comercio local e as diferenzas que supoñen apostar por negocios de proximidade. Grazas aos profesionais do centro infantil, a actividade será dinámica, divertida e dará a oportunidade aos participantes de aprender moito sobre o comercio local”.

Acisa convida “a todos os pais e nais a levar aos seus fillos, xa que se divertirán á vez que aprenden, e ademais poderán gozar dunha mañá sen preocuparse polos pequenos da casa”.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...