InicioEconomíaViveiro contará cun stand en Turexpo Galicia

Viveiro contará cun stand en Turexpo Galicia

O Concello organizará unha mostra sobre a Semana Santa e unha degustación de merluza do pincho

Publicada o

- Advertisement -

Viveiro contará cun stand en Turexpo Galicia, o salón turístico que se celebrará en Silleda durante esta fin de semana. O posto servirá para dar a coñecer o atractivo turístico do municipio, e contará coa presenza constante do persoal da oficina de turismo.

Segundo explicou o goberno local, o concello contará cun stand propio no que se ofrecerán folletos promocionais e no que haberá unha pantalla de grandes dimensións nas que se proxectarán vídeos que resaltan as calidades turísticas do municipio e tamén a tradición da Semana Santa viveirense. Sobre esta celebración organizarase ademais unha exposición na que se mostrará material das confrarías.

Ademais, os visitantes do stand de Viveiro poderán desfrutar da gastronomía local, cunha degustación de 300 racións de empanada de merluza de Celeiro que está prevista para o sábado, ás 13.00 horas.

O Concello agradece a colaboración nestas iniciativas da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro, da Asociación Cultural e Deportiva Penalba e de Puerto de Celeiro.

BOLSA DE TRABALLO

A concellería de turismo ofreceu aos hostaleiros de Viveiro a posibilidade de rexistrarse nunha bolsa de traballo que permitirá que os hoteis rexistrados na mesma concerten xuntanzas cos distintos tour operadores presentes na feira.

ÚLTIMAS

Ana Pena, guía: “Recomendo visitar o interior da comarca, un lugar pouco coñecido”

-Como te iniciaches nesta actividade de organizar percorridos e rutas turísticas na Mariña? Estudei Turismo...

Accidente mortal en Ribadeo logo dun accidente múltiple entre catro vehículos

Un condutor faleceu na tarde-noite deste pasado xoves na localidade lucense de Ribadeo tras...

Detido un veciño de Foz que tiña unha orde de ingreso en prisión

A Garda Civil detivo a un veciño de Foz sobre o que pesaba unha...

A Xunta cre que Alcoa non dixo “claramente” que non ía cumprir os compromisos do arranque e o Goberno confía en que se cumprirán

O conselleiro de Emprego, Comercio e Migración, José González, non cre "que dixese claramente...