InicioEconomíaA frota mariñá colabora nun estudo de alternativas á xestión da pesca...

A frota mariñá colabora nun estudo de alternativas á xestión da pesca do tiburón

A investigación, centrada na tintorera e no dientuso, conta co apoio de OPP Lugo, Universidade de Alacante e Cepesca

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Productores Pesqueiros (OPP) de Lugo presentou esta semana á frota de palangre de superficie as primeiras evaluacións de posibles estratexias de xestión futuras para a pesca de tiburóns, en especial para a tintorera ou caella e o marraxo dientuso.

Estas conclusións forman parte da tese do Máster de Xestión Pesqueira Internacional que está a realizar Thaya Mirinda Dinkel, alumna da Universidade de Alacante, en colaboración coa OPP Lugo a través da Confederación Española de Pesca (Cepesca). 

O estudo de alternativas futuras de co-xestión da pesca de tiburóns contou coa colaboración dos armadores de palangre superficie da OPP-07 para compliar, tanto de forma individual como conxunta, as principais características destas pesquerías a través dos seus coñecementos.

O obxectivo das prácticas é analizar alternativas de mellora na xestión de tiburóns no Atlántico Norte, onde opera a maioría da frota da OPP-07. 

Atendeuse especialmente á tintorera, a principal especie en quilos, e ao marraxo dientuso, en fase de estudio por organismos internacionais da reevaluación do seu stock.

A investigación analiza, desde unha perspectiva de coñecementos da pesca tradicional, distintos modelos de xestión -relativos a cotas e esforzo-, así como posibles medidas técnicas aplicables ás pesquerías -anzós, zonas de pesca, tallas mínimas-, que poidan servir, sobre todo, para a frota da OPP Lugo.

CONCLUSIÓN EN XUÑO

O programa de traballo incluíu reunións cos armadores, patróns de pesca, técnicos e expertos na materia, expertos da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT), científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO) e representantes da Administración Pesqueira. Prevese que o traballo finalice durante os meses de maio e xuño.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...