InicioEconomíaA patronal confirma o interese "dun empresario galego" polas fábricas de Alcoa

A patronal confirma o interese “dun empresario galego” polas fábricas de Alcoa

Antonio Fontenla afirma que haberá que ver se a multinacional "quere ter competidores"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Confederación de Empresarios na Coruña e portavoz da patronal en Galicia (CEG), Antonio Fontenla, asegurou que ten constancia de que “un empresario galego” ten interese en comprar a instalación de Alcoa, en referencia ás factorías da Grela e de Avilés. Con todo, haberá que agardar, di, para ver se a multinacional norteamericana está disposta a vender e, por tanto, a ter competidores.

“Eu creo que hai posibilidades, díxeno hai meses e ratificoumo hai pouco nunha reunión en Madrid un empresario galego que ten interese en comprar”.

“DESMANTELAMENTO” INDUSTRIAL

Fontenla sostén que se está vendo UN “desmantelamento” da industria “non só en Galicia senón en toda España“, ante as dificultades para as empresas electrointensivas polo elevado custo da enerxía, “moito máis cara que noutros países, como Canadá ou Australia”.

Ante esta situación, cre que hai que buscar “unha regulación“que supoña que non se cambie o prezo da enerxía cada seis meses.

TARIFA ELÉCTRICA GALEGA

Con todo, cre que unha “tarifa eléctrica galega“, como reclaman algunhas formacións, “é un tema moi difícil de lograr” pese a que “os políticos, ás veces, son sabios”. Aposta, en cambio, por cuestións que sexan homoxéneas porque “nunhas cousas poderían beneficiar e noutras prexudicar”.

Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...