InicioEconomíaO sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

A petición susténtase nos resultados do proxecto científico ISPAMER 2023-2025, dirixido polo Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), que conclúe que esta arte ten un comportamento semipeláxico e, polo tanto, un impacto imperceptible sobre os ecosistemas mariños vulnerables que posan aparecer nos fondos mariños.

Publicada o

- Advertisement -

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente do Regulamento de Execución (UE) 2022/1614 para excluír das 87 zonas vedadas o palangre “pedra-bola”, arte de pesca tradicional coa que se captura a coñecida pescada de picada.

A petición susténtase nos resultados do proxecto científico ISPAMER 2023-2025, dirixido polo Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), que conclúe que esta arte ten un comportamento semipeláxico e, polo tanto, un impacto imperceptible sobre os ecosistemas mariños vulnerables que posan aparecer nos fondos mariños.

O estudo foi presentado durante un encontro que reuniu a representantes do sector pesqueiro, a comunidade científica, as administracións e as institucións europeas, pondo de manifesto a unidade de acción e a ampla coincidencia na necesidade de avanzar cara a unha regulación baseada na evidencia científica e no impacto real de cada arte de pesca. Na xornada, presidida pola eurodeputada Carmen Crespo, participaron a secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, e a conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, así como os eurodeputados Francisco José Millán Mon (PP/PPE), Nicolás González Casares (PSOE/S&D), Oihane Agirregoitia (PNV/Renew Europe), que interveu por videoconferencia, Nora Junco García (independente/ECR) e Ana Miranda (BNG/Verdes-ALE), reflectindo o carácter transversal do respaldo político a unha revisión das restricións sustentada en criterios científicos.

A presidenta da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Carmen Crespo, destacou a importancia da unidade entre administracións, institucións, ciencia e sector para corrixir unha regulación que considera inxusta e cun forte impacto económico. Tamén defendeu a necesidade de acelerar a revisión das 87 zonas vedadas e avanzar nunha simplificación normativa para a pesca, apoiándose na evidencia científica xa dispoñible.

ISPAMER analizou durante tres anos a actividade real de sete buques da frota palangreira de Burela. O seguimento comprende 55 mareas, 770 días de pesca e 1.493 operacións observadas por científicos a bordo e mediante sistemas de monitorización electrónica.

Durante todo o período unicamente se rexistraron dez encontros con especies indicadoras de ecosistemas mariños vulnerables en máis de 6,36 millóns de anzoladas, unha cifra distante das dez interaccións por cada mil anzós que establece como impacto máximo nos ecosistemas mariños vulnerables (VMEs) o Regulamento europeo de especies profundas. É dicir, un 0,00000157, fronte ao 0,01 que marca o Regulamento.

O estudo calcula ademais que, incluso no suposto teórico de que todos os pesos dun aparello de ata 30 quilómetros tocasen o leito mariño, a superficie máxima de contacto sería de 1,87 metros cadrados por xornada. O Dr. Pablo Abaunza, científico titular do IEO-CSIC (Instituto Español de Oceanografía), destacou a importancia de que a Comisión Europea teña unha terminoloxía común que distinga este tipo de palangres. Mesmamente, sinalou que o reducido contacto das pedras co leito mariño e a mínima taxa de encontros con ecosistemas mariños vulnerables confirman o escaso impacto desta modalidade sobre o fondo.

Tamén se confirma a elevada selectividade desta pesquería: a pescada representa o 90,9% das capturas retidas e rexistra unha taxa de descarte de só o 0,7%, correspondente fundamentalmente a exemplares depredados por outras especies.

Para Javier Garat, secretario xeral de CEPESCA e presidente de Europêche, “a ciencia demostra que non ten sentido aplicar a este palangre as mesmas restricións que a artes con comportamentos e impactos completamente diferentes”. Segundo Garat, “O propio Comisario comprometeuse a modificar a lexislación se existía evidencia científica que xustificase o cambio. Esa evidencia está agora sobre a mesa. Chegou o momento de cumprir ese compromiso e actuar sen máis demora. O sector non pide reducir a protección dos ecosistemas mariños vulnerables, senón aplicar unha regulación máis proporcionada e baseada no impacto real de cada modalidade pesqueira”.

Grave impacto económico

A nivel económico, os efectos das vedas ocasionaron unha redución das capturas nun 34% na pescada como especie principal e da facturación media nun 36,5%, o que xa levou a abandonos e mesmo a cambios a modalidades cun impacto moito maior sobre o caladoiro, cuestionando a subsistencia de moitos nas condicións actuais e o impacto desproporcionado. A comparación entre os resultados de 2025 e a media de 2020 e 2021 reflicte unha perda de 563.185 euros de facturación anual por embarcación.

O director xerente de OPP Burela, Sergio López, advertiu de que “con estes niveis de perda, a continuidade da frota non é viable”. “As empresas investiron durante máis de 50 anos naha pesquería selectiva, baseada na calidade e cunha baixa pegada de carbono, pero unha regulación que non diferencia entre artes está pondo en perigo todo ese esforzo e o futuro da frota palangreira”, engadiu.

As restricións tamén obrigaron a realizar maiores desprazamentos e mareas máis longas, incrementando o consumo de combustible e empeorando as condicións laborais das tripulacións. A actividade pesqueira representa ao redor do 25% do PIB de Burela e sustenta directa ou indirectamente a unhas 1.600 familias.

CEPESCA, Europêche e OPP Burela instaron finalmente á Comisión Europea a recoñecer o palangre semipeláxico como unha categoría diferenciada e establecer urxenteme

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...