InicioEconomíaA Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A plataforma detecta como elemento novo, e orixe do debacle nas cercanías de agosto e das vindeiras supresións repetidas, a xestión realizada por dita xerencia de Asturias e Cantabria

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema da liña Ferrol-Ribadeo, así como do resto do Ancho Métrico operado por Renfe (en Asturias, Cantabria ou Castela-León), segue a ser o insuficiente parque de unidades, especialmente diésel, pola súa falta de fiabilidade, xunto coa carencia de recambios para o seu mantemento.

Esta situación provocou que durante o pasado mes de agosto non houbera servizos de cercanías Ferrol-Ortigueira durante máis dunha semana (en concreto os días 13, 17, 18, 19, 20 e 21). Naquelas xornadas só se contaba con dúas unidades dispoñibles que se priorizaron para os servizos de Media Distancia cara a Ribadeo e Asturias.

Cambios de xerencia e priorización de Asturias

Desde o colectivo lembran que, como xa se coñecía polos medios oficiais fai meses, os servizos de cercanías Ferrol-Ortigueira —o único servizo de cercanías ferroviarias en Galicia— deixaron de formar parte da xerencia de Renfe de Servicio Público Galicia para pasar á xerencia de Renfe de Servicio Público Asturias y Cantabria, sen incluír xa o nome de Galicia.

A plataforma detecta como elemento novo, e orixe do debacle nas cercanías de agosto e das vindeiras supresións repetidas, a xestión realizada por dita xerencia de Asturias e Cantabria. Segundo expoñen, dende esta xerencia estanse a priorizar as unidades diésel en circulación para a prestación de servizos en Asturias. Ademais, sinalan que cando saen das oficinas ou talleres unidades reparadas, estas quedan ou envíanse a Asturias para cubrir os seus servizos. Indican que isto antes non sucedía, xa que as unidades arranxadas íanse repartindo entre as liñas e núcleos para garantir os servizos prioritarios de cada unha, mentres que agora só se liberan unidades para Galicia cando os servizos en Asturias están cubertos.

Reclamación duna xerencia propia para Galicia

Ante esta situación, a plataforma urxe a creación inmediata da Xerencia de Cercanías/Proximidade de Galicia para os servizos existentes Ferrol-Ortigueira, contando con unidades fixas asignadas para evitar ser “moedas de cambio dentro dos equilibrios e intereses de Renfe”. Cuestionan que xa está en funcionamento o servizo de proximidade e xustificada a súa creación, á que poderían integrarse posteriormente os percorridos de proximidade pendentes de estudo polo Goberno do Estado

ÚLTIMAS

Ribadeo estrea ordenanza para regular o estacionamento das autocaravanas

A ordenanza reguladora do estacionamento de vehículos de acampada nace para velar polo turismo...

Cervo apoia ao CEIP Península da Paz nun novo plan de acción de Alcoa

O Concello de Cervo colaborou co CEIP Península da Paz e co persoal voluntario...

O Concello de Foz agrade a Transportes a licitación para a mellora na intersección da Corredoira

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, felicitouse este luns co anuncio da Demarcación de...

Alfoz celebra o XXXII Festival da Terceira Idade o 25 de outubro

O Concello de Alfoz celebrará o vindeiro domingo 25 de outubro o XXXII Festival...