InicioEconomíaA Deputación aproba un orzamento de 1 millón de euros para arranxos...

A Deputación aproba un orzamento de 1 millón de euros para arranxos en varias vías en concellos da Mariña

Unha das principais partidas diríxese á mellora da rede viaria. A Deputación mobilizará preto de 700.000 euros para actuacións na Pontenova, Xermade e Lourenzá, co obxectivo de mellorar o firme, a drenaxe, a sinalización e a seguridade de diferentes estradas.

Publicada o

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres novas actuacións, principalmente en relación a viarias, por un importe conxunto dun millón de euros destinadas a “mellorar a mobilidade, cooperar cos concellos, impulsar a actividade económica e reforzar as políticas sociais e os servizos públicos da provincia”, tal e como sinalou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.

Unha das principais partidas diríxese á mellora da rede viaria. A Deputación mobilizará preto de 700.000 euros para actuacións na Pontenova, Xermade e Lourenzá, co obxectivo de mellorar o firme, a drenaxe, a sinalización e a seguridade de diferentes estradas.

Na Pontenova, a institución provincial licitou por 239.524 euros a mellora da rede viaria da parroquia de Conforto. Os traballos permitirán renovar o firme e acondicionar a drenaxe de diferentes tramos de vías municipais, ademais de mellorar as súas prestacións e condicións de seguridade para a veciñanza.

En Xermade, a xunta de goberno adxudicou por 210.742,63 euros a Construcións e Obras Taboada Ramos SLU as obras de rehabilitación de varios tramos de catro estradas provinciais, a LU-P-2201 e o seu ramal, LU-P-2203, LU-P-2205 e LU-P-2213, que conflúen no núcleo urbano.

A actuación permitirá mellorar o firme, a drenaxe e a sinalización e terá un impacto directo nos desprazamentos diarios da poboación e no acceso aos servizos e actividades da capitalidade municipal.

Pola súa banda, Ovisa Pavimentos e Obras SLU executará en Lourenzá, por 241.745,90 euros, un proxecto para mellorar a drenaxe da estrada provincial LU-P-2804 entre Pedrón e A Cazolga, ao longo de 4,2 quilómetros.

A cooperación cos concellos inclúe tamén unha achega de 250.000 euros a Foz para mellorar edificios públicos e renovar o mobiliario urbano. O investimento permitirá pintar a fachada e renovar a carpintaría exterior do CENIMA e da Casa Consistorial, ademais de adquirir novos bancos, mupis e marquesiñas.

30.000 EUROS PARA O FESTIVAL OUSA DO MAR

A Deputación tamén aprobou unha axuda de 30.000 euros para a entidade Fanto Fantini, responsable da organización do Festival Ousa do Mar 2026, que se celebrará en Burela entre o 2 e o 6 de setembro.

O evento reunirá a máis de 18 artistas e formacións e combinará música, creación galega contemporánea e posta en valor do patrimonio da Mariña. Segundo destacou Rivera Capón, o festival constitúe ademais un elemento de dinamización económica e turística para a comarca, ao favorecer a actividade da hostalaría, o comercio e os servizos locais.

No ámbito social, a xunta de goberno aprobou unha achega de 23.900 euros para a Asociación Penal Concepción Arenal para desenvolver o programa Motivación ao cambio. A iniciativa está dirixida a persoas internas en centros penais e busca favorecer procesos de cambio persoal e facilitar a súa futura reinserción social.

Por último, deuse luz verde a novas listas de emprego temporal para catro perfiles profesionais: técnico de xestión, ATS-DUE, terapeuta ocupacional e fisioterapeuta.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...