O Grupo Sargadelos comprou a totalidade dos bens inmobles, maquinaria e fondo de comercio da empresa Burelarte.
De tal forma, as naves industriais (máis de 3.000 metros cadrados construídos) e os terreos adxacentes (máis de 4.000 metros cadrados) “serán dedicados á ampliación e mellora da capacidade produtiva das diversas empresas que compoñen o grupo empresarial”.
Segundo informa nun comunicado, Sargadelos tamén integrará no seu sistema produtivo a “a maioría do actual persoal” de Burelarte.
Engade Sargadelos que procurará “manter viva, se a autoridade laboral e a burocracia permíteo, a marca Burelarte pola súa renombrado bo facer no ámbito do gres porcelánico”.
