InicioEconomíaSesenta millóns de euros para a mellora do saneamento na Mariña

Sesenta millóns de euros para a mellora do saneamento na Mariña

O Consello da Xunta tomou razón este luns dun informe que recolle as principais intervencións xa executadas nesta zona, as que están actualmente en obras e as que tramita Augas de Galicia para poder impulsalas a curto prazo co obxectivo común de garantir a prestación e a calidade do servizo para unha poboación total de máis de 78.000 persoas.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia está a mobilizar investimentos por un importe de preto de 60 millóns de euros coa execución e planificación dun paquete de actuacións hidráulicas destinadas a mellorar o saneamento e a depuración na Mariña lucense.

Entre as máis relevantes, por ser unha das pezas centrais da estratexia deseñada por Augas de Galicia para esta comarca, destaca a nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Burela, unha infraestrutura cun custo estimado de 8,7 millóns de euros, que se licitará proximamente para poder comezar as obras en 2027.

O Consello da Xunta tomou razón este luns dun informe que recolle as principais intervencións xa executadas nesta zona, as que están actualmente en obras e as que tramita Augas de Galicia para poder impulsalas a curto prazo co obxectivo común de garantir a prestación e a calidade do servizo para unha poboación total de máis de 78.000 persoas.

Neste sentido, fai falta subliñar que o organismo hidráulico leva máis dunha década desenvolvendo unha estratexia global e continuada para reforzar o saneamento e o tratamento das augas residuais que se xeran nos concellos desta comarca lucense.

FASES

No marco dunha primeira fase executada desde 2009 investíronse xa 22,1 millóns de euros que permitiron ampliar a capacidade de depuración, executar novas redes, mellorar as infraestruturas hidráulicas existentes e reforzar os sistemas de vertedura con actuacións en Ribadeo, Foz, Cervo, Viveiro, Xove e O Vicedo.

No últimos tres anos, a prioridade do organismo hidráulico foi dar continuidade a esa planificación centrando agora os esforzos en mellorar os sistemas que dan servizo a Viveiro, Foz e Burela, cunha nova carteira de proxectos que suman en total uns 35,9 millóns de euros en investimentos comprometidos.

No caso concreto de Burela, a intervención máis destacada no municipio é a construción da nova EDAR, cuxo expediente de contratación sairá a licitación proximamente despois de ser autorizado polo Consello da Xunta. Cun custo total estimado de 8,7 millóns de euros -cofinanciados nun 60% a través do programa FEDER 2021-2027-, a futura infraestrutura está deseñada cun caudal medio de 3.419,3 m3/día para atender unha poboación de algo máis de 13.000 persoas e substituirá a actual depuradora.

Ademais, esta instalación -cun prazo de execución de 24 meses- completará a mellora do sistema de saneamento en Burela, actuación dividida en dúas fases. A primeira delas está agora en execución, ten final previsto a finais de 2026 e inclúe a construción dun colector xeral, unha estación de tratamento e bombeo na zona portuaria e varias impulsións, colectores e un bombeo secundario, por un custo total de 5 millóns de euros.

Así mesmo, a outra intervención hidráulica na Mariña que está actualmente en obras é a dos colectores xerais e da nova EDAR de Foz, cun investimento de 14,1 millóns de euros e finalización ao longo de 2027.

O obxectivo deste proxecto é resolver a insuficiencia de capacidade do sistema actual e adaptalo ás necesidades reais do concello, especialmente nun ámbito cunha importante variación estacional da poboación.

Por último, no ano 2024 Augas de Galicia terminou e entregou ao Concello de Viveiro dúas obras importantes para a depuración desta zona: o saneamento de Celeiro e a mellora da condución de vertedura da EDAR municipal, cun investimento de 4,1 millóns de euros, e a optimización das liñas de tratamento da depuradora, cun custo de 3,9 millóns.

 

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...