InicioEconomíaI Encontro das Universidades Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

I Encontro das Universidades Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo

A directora do IES Dionisio Gamallo, María Ron, dixo que “o encontro pareceunos moi interesante para os asistentes, que recibiron información de primeira man das tres Universidades galegas: Santiago, Vigo e A Coruña, así como das posibilidades dos campus de Ourense, de Ferrol e de Lugo, por poñer so uns exemplos"

Publicada o

- Advertisement -

O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo acolleu este pasado mércores o I Encontro das Universidades Galegas co fin de achegarlle a súa oferta académica ao alumnado dos institutos da Mariña.

Máis de 100 persoas se reuniron no Salón de Actos do centro para escoitar toda a oferta académica das tres Universidades galegas e aspectos como os procedementos de admisión, becas, residencias, xornadas, mobilidades, másteres, etc. Os poñentes foron: Diana Fernández Méndez, da USC, Ana Caamaño Martínez, da UVigo, e Luis Hervella Nieto, da UDC.

A directora do IES Dionisio Gamallo, María Ron, dixo que “o encontro pareceunos moi interesante para os asistentes, que recibiron información de primeira man das tres Universidades galegas: Santiago, Vigo e A Coruña, así como das posibilidades dos campus de Ourense, de Ferrol e de Lugo, por poñer so uns exemplos. Os poñentes despexáronlles moitas dúbidas aos asistentes, entre os que se atopaban alumnas e alumnos a carón dos seus pais”.

E subliñou: “sentímonos moi agradecidos pola gran acollida e aceptación que tivo o acto, pensamos que se cumpriu o noso obxectivo de axudar ao alumnado e ás súas familias servindo de ponte e mostrando o espectro tan amplo do entorno universitario máis alá do académico, e que, respondendo á pregunta de varias familias, si que queremos confirmar a nosa idea de darlle continuidade. Dicirlles que non se preocupen porque xunto co resto do proxectos de centro, manteremos este Encontro das Universidades Galegas”.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...