InicioEconomíaA Deputación reivindica o papel da hostalaría no desenvolvemento da provincia

A Deputación reivindica o papel da hostalaría no desenvolvemento da provincia

A Presidenta da Deputación, Carmela López participou esta noite na gala organizada pola Apehl para recoñecer o labor dos profesionais do sector e reafirmou o compromiso da institución cun “motor económico de primeiro nivel e das nosas mellores cartas de presentación”

Publicada o

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, reivindicou este luns en Ribadeo, o papel clave da hostalería no desenvolvemento da provincia. Fíxoo durante a gala organizada pola asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo (Apehl) no restaurante Voar. “A hostalería lucense é un motor económico de primeiro nivel, pero tamén unha das nosas mellores cartas de presentación”, valorou.

Carmela López destacou que desde a Deputación “seguiremos traballando da man do sector, apoiando iniciativas de calidade, innovadoras e que promocionen os nosos recursos. Porque sabemos que impulsar a hostalería é apostar polo emprego e o desenvolvemento do noso territorio”. Nese sentido, a institución provincial colabora coa Apehl cunha achega anual de 40.000€ para a promoción gastronómica de Lugo e para facer un curso de especialización en enoturismo.

Baixo o lema de Toda unha vida nos fogóns, a Apehl recoñeceu a traxectoria de catro persoas que representan décadas de dedicación na hostalería lucense: Áurea Rodríguez, do Restaurante Río Loyo, en Paradela; José Manuel Fontal, do Hotel Roma de Sarria; Jesús Galdo, de Val do Naseiro, en Viveiro, e Ramón Álvarez. A Presidenta recoñeceulles que “grazas a profesionais coma vós, a provincia de Lugo é hoxe sinónimo de calidade, proximidade e excelencia”.

Ao acto, acompañou á Presidenta o Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto, e asistiron tamén, o Presidente da Apehl, Cheché Real; o Alcalde de Ribadeo, Daniel Vega; rexedores e rexedoras da Mariña, provedores, profesionais e representantes do sector.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...