InicioEconomíaA Deputación inicia as obras na estrada que une A Pontenova e...

A Deputación inicia as obras na estrada que une A Pontenova e Trabada

A LU-P-6102 ten un trazado total de algo máis de 11 quilómetros e transcorre por unha zona de marcado carácter fluvial, á beira do río Eo

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora da estrada LU-P-6102, que conecta os concellos da Pontenova e Trabada, a través da parroquia de Vilaformán. A institución provincial inviste 187.000 € nunha actuación que afecta aos catro primeiros quilómetros da vía, desde o enlace coa N-640 á altura da ponte do Pedrido.

Os traballos, encargados á empresa Cholo SL, comezaron esta semana coa limpeza de cunetas e inclúen tamén a mellora do firme mediante aglomerado en quente e a actualización da sinalización horizontal. As obras abarcan o tramo inicial da estrada, ata a parroquia trabadense de Vilaformán.

A LU-P-6102 ten un trazado total de algo máis de 11 quilómetros e transcorre por unha zona de marcado carácter fluvial, á beira do río Eo. Esta vía é moi importante na Mariña Oriental, polo que a actuación da Deputación contribuirá a mellorar as comunicacións entre ambos municipios e na comarca en xeral.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...