InicioEconomíaO comité de empresa de Alcoa sinala que hai 28 cubas sen...

O comité de empresa de Alcoa sinala que hai 28 cubas sen arrincar que deberían estar traballando desde o 1 de outubro

O presidente do comité, José Antonio Zan, asegura que as cubas poderían estar operativas antes de rematar marzo e reclama ao Goberno e á Xunta que “dean unha puñada na mesa” ante unha empresa que, di, “nin segue prazos nin cumpre o pactado”.

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, José Antonio Zan, destaca que aínda quedan por arrincar 28 cubas das 512 que ten a planta de aluminio situada en Cervo. Segundo sostén, esta situación supón un incumprimento dos acordos asinados pola multinacional sobre o rearranque da fábrica. Zan asegura que as cubas poderían estar xa operativas antes de que rematase o mes de marzo se existise vontade por parte da empresa. “Se quixesen, poderían estar tranquilamente xa antes de que acabase o mes de marzo”, afirmou este mércores, ao tempo que criticou que a decisión depende exclusivamente da multinacional, “que nin segue prazos nin cumpre cos acordos que asinou en tempos”.

Ante esta situación, o representante dos traballadores reclama unha reacción contundente das administracións. En concreto, pide que tanto o Ministerio de Industria como a Xunta de Galicia “dunha vez por todas dean unha puñada na mesa” e deixen de “mirar para outro lado mentres multinacionais fan o que queren cos acordos”.

Zan lembra ademais que foron precisamente estas administracións as que participaron nas mesas de negociación, polo que considera que tamén deben asumir a responsabilidade de vixiar e garantir que se cumpran os compromisos alcanzados. Neste contexto, cualifica de “vergoñento” que tanto o Goberno central como a Xunta “non cumpran nin obriguen cumprir a unha multinacional co que eles mesmos negociaron e acordaron”.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...