InicioEconomíaO BNG reclama ao Goberno avaliacións do impacto da eólica mariña na...

O BNG reclama ao Goberno avaliacións do impacto da eólica mariña na frota pesqueira galega

A senadora do BNG, Carme da Silva, sinalará que "non se pode converter o mar galego nun polígono industrial ao servizo do lobby eléctrico"

Publicada o

- Advertisement -

A senadora do BNG, Carme da Silva, preguntará ao Goberno na Cámara Alta sobre se avaliou o impacto real do desenvolvemento da eólica mariña sobre a frota pesqueira galega.

Segundo avanzou o Bloque nunha nota de prensa, da Silva centrará a súa intervención na defensa do sector do mar fronte a “a aceleración, por parte do Goberno, de impulsar as poxas e a implantación de parques eólicos”.

Así, a senadora sinalará que “non se pode converter o mar galego nun polígono industrial ao servizo do lobby eléctrico, sacrificando unha actividade estratéxica que sostén miles de empregos directos e indirectos”.

Deste xeito, a representante nacionalista tamén insistirá en que o debate non é sobre as enerxías renovables, senón “sobre a ausencia de garantías”.

“Non se pode avanzar sen estudos rigorosos e independentes”, apuntou, sinalando que a día de hoxe “non existen estudos ambientais nin socioeconómicos completos que avalíen o impacto destas instalacións nas especies, nos caladoiros históricos nin na cadea de valor da pesca”.

Por todo iso, reclamará que se aplique o principio de precaución antes de ampliar zonas ou autorizar novas poxas e preguntará ao Ministerio se conta con informes científicos solventes que analicen as consecuencias sobre as capturas e a viabilidade económica da frota, especialmente da artesanal.

“Non imos permitir que se poña en risco o futuro do noso sector pesqueiro para engordar os beneficios dun oligopolio eléctrico que leva décadas expoliando os nosos recursos”, avanzou a senadora.

ÚLTIMAS

Aprobada por unanimidade a nova ordenanza reguladora do servizo de taxis de Ribadeo

O Concello de Ribadeo aprobou por unanimidade no pleno ordinario celebrado onte a aprobación...

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...