InicioEconomíaDesconto do 80% na factura da luz para 500 familias que viven...

Desconto do 80% na factura da luz para 500 familias que viven arredor do parque eólico de Mondigo

O espazo foi comprado pola sociedade público-privada Recursos de Galicia (RDG) por 75 millóns de euros

Publicada o

- Advertisement -

Unhas 500 familias nun radio de dous quilómetros ao redor do parque eólico de Mondigo –entre os municipios de Barreiros, Ribadeo e Trabada–, comprado pola sociedade público-privada Recursos de Galicia (RDG) por 75 millóns de euros, terán un desconto do 80% na súa factura da luz.

Así o anunciou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen explicou que esta era un dos obxectivos que perseguía a lei de recursos naturais de Galicia para que estas instalacións “redunden en beneficios sociais e económicos directos” nos veciños, que “pasarán a pagar un 20%” de pagábano antes pola súa enerxía.

En rolda de prensa tras o Consello da Xunta, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, explicou que esta é a primeira infraestrutura eólica propiedade “integramente” de RDG. Así, ponse en marcha a anunciada comercializadora impulsada pola sociedade mixta público-privada. Explica que se ofrecerá a outras comercializadoras adherirse a esta posibilidade de desconto na zona, e no caso de que non ocorra, os veciños de Mondigo poderán optar por esta vía de RDG para a rebaixa da súa factura.

A conselleira avanzou que o vindeiro venres terá unha reunión co tres alcaldes afectados para abordar esta cuestión, ademais de que a propia compañía ofrecerá información aos veciños da zona.

 

ÚLTIMAS

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

Correos activa o servizo de transporte de mochilas no Camiño norte no seu paso por Ribadeo

Os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago este ano xa teñen dispoñible o...

Ribadeo anuncia melloras na accesibilidade para a Rúa Virxe do Camiño

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos mellorando a zona da Virxe do Camiño....

Barreiros inaugura a exposición “Fauna Esencial”

Esta mañá ás 11:30 horas tivo lugar a inauguración da Exposición “Fauna Esencial” da...