InicioEconomía'A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade', proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade contará cun espazo de información turística dentro do stand de Galicia, no que terá a disposición dos visitantes diferentes materiais corporativos

Publicada o

- Advertisement -

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en Fitur A Mariña, unha viaxe á identidade, unha proposta que pon en valor o poder sanador do mar, do goce do tempo e do turismo de benestar e consciente, tendo como protagonistas ás Carolas ou Canouras, consideradas as primeiras turistas da Mariña. A finais do século XIX e sobre todo no século XX, estas mulleres procedentes dos municipios do interior da provincia chegaban ata a costa da Mariña para tomar os “baños de mar”, unha tradición que se afianzou, xa fose por prescrición médica ou por recomendación de persoas coñecidas.

Esta homenaxe á figura das Carolas forma parte das propostas turísticas que vén desenvolvendo a Mancomunidade ao abeiro do PST e que afonda na identidade do territorio a través dos seus valores, das súas tradicións e das súas xentes. Así, avánzase na recuperación e posta en valor dunha figura que forma parte da historia da Mariña, patrimonio inmaterial do territorio.

Autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector terán a oportunidade de coñecer de primeira man os proxectos que se veñen desenvolvendo na Mariña no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense (2022-2025), así como esta nova acción de comunicación, coa que se da un paso máis na posta en valor do territorio.

A presentación oficial terá lugar, como en anteriores edicións, no stand de Galicia en FITUR (pavillón 9, parcelas 9C07/9C09, do recinto feiral IFEMA) nun acto que guiará a presidenta da Mancomunidade, Rocío López. Será o 22 de xaneiro ás 17:30 horas.

O Plan de Sostibilidade Turística na Mariña está confinanciado pola Mancomunidade de Concellos, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

FITUR 2026

A Mancomunidade estará presente en FITUR desde mañá, 21 de xaneiro “para manter xuntanzas con profesionais do sector e provedores de servizos, co obxectivo de comunicar os activos da Mariña, promover sinerxias e intercambiar información sobre servizos e produtos de potencial interese para o noso xeodestino”, indicou Rocío López, a presidenta.

A Mancomunidade contará cun espazo de información turística dentro do stand de Galicia, no que terá a disposición dos visitantes diferentes materiais corporativos, como a guía A Mariña al descubierto, o mapa turístico e os folletos de turismo ornitolóxico e xeoturismo na Mariña Lucense editados este ano, entre outros. A delegación da Mancomunidade aproveitará a ocasión e a presenza en Fitur un ano máis para dar a coñecer a súa oferta turística e, ao mesmo tempo, establecer contactos interesantes para o impulso da Mariña como territorio de referencia no sector do turismo.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...