InicioEconomíaA Xunta cualifica de "incongruente" o ERTE en Sargadelos e pide documentación...

A Xunta cualifica de “incongruente” o ERTE en Sargadelos e pide documentación adicional

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu á Xunta de Galicia que actúe coa "máxima celeridade e contundencia" para garantir que a fábrica de Sargadelos en Cervo funcione

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta advertiu este venres que, nos termos nos que se comunicou, rexeita o Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que acaba de presentar a dirección da planta de Sargadelos en Cervo, á vez que insta á continuación da actividade “canto antes” en defensa dos dereitos das persoas traballadoras.

Como autoridade laboral, o Goberno galego informou de que aprecia “incongruencia” na solicitude presentada ao non axustarse á normativa aplicable e demanda información e documentación adicional á dirección da empresa. Así mesmo, reafirma que, “como non pode ser doutro xeito”, velará polo cumprimento da lexislación laboral e denunciará calquera ilegalidade que se detecte.

Con respecto ás negociacións levadas a cabo desde abril, insiste en que actuou “desde o primeiro momento con absoluta responsabilidade, mantendo un contacto permanente tanto coa empresa como cos traballadores e Inspección de Traballo, e mediando para que se ofrecese a máxima flexibilidade á dirección –dentro da legalidade vixente– para a realización das obras necesarias para emendar as deficiencias detectadas”.

Como resultado das xestións realizadas polo Goberno galego, Inspección de Traballo concedeu a Sargadelos un prazo suficientemente amplo para acometer as actuacións previstas no requirimento de marzo de 2025 e no de setembro de 2024.

Neste contexto, lembra que Inspección de Traballo realizou unha visita rutineira ás instalacións para comprobar o cumprimento das actuacións solicitadas.

A XUNTA LEMBRA QUE COLABORA EN FINANCIAR AS OBRAS

A Xunta está a colaborar co financiamento das obras, tendo en conta a singularidade da planta, declarada Ben de Interese Cultural desde 2014. Dentro desta colaboración, xa se completaron os estudos sobre as condicións do sistema de ventilación e extracción, así como parte das actuacións esixidas.

Como xa se trasladou en anteriores ocasións, o subsanamiento dos defectos detectados é “perfectamente compatible” co mantemento da actividade e permite, conclúe a Xunta, “garantir a seguridade e saúde do persoal”.

ANA PONTÓN: “A XUNTA DEBE ACTUAR CON CELERIDADE”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu á Xunta de Galicia que “non mire cara a outro lado” e actúe coa “máxima celeridade e contundencia” para garantir que a fábrica de Sargadelos en Cervo vai “siga funcionando”.

En declaracións aos medios desde a feira Culturgal, a líder nacionalista aludiu ás últimas decisións tomadas polo dono de Sargadelos, Segismundo García, e situounas como un “risco” para o emprego e a viabilidade da factoría, que considera “un símbolo” do patrimonio cultural de Galicia.

O venres transcendeu que García impuxera un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) a 86 traballadores, dunha duración de 15 días e con inicio o 27 de novembro. Ao mesmo tempo, segundo el mesmo trasladou aos medios, coñeceuse que comunicou ao Xulgado a súa dimisión como CEO.

Neste contexto, Pontón mostrou o seu apoio aos traballadores e traballadores da planta e reclamou o cumprimento dos seus dereitos en materia laboral e de seguridade: “Ninguén se pode crer que está por encima da lei”.

ÚLTIMAS

Acepta prisión por cinco anos logo de ser detido por levar cinco quilos de cocaína no seu coche en Ribadeo

Cinco anos de prisión e unha multa de 1.231.004,71 euros, é a condena que...

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo denuncia que Renfe prioriza Asturias tras os seus cambios internos

A Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo puxo de manifesto que o principal problema...

Xulgan dúas persoas por un traballador morto tras ser alcanzado por unha barra de ferro en Xove

A causa pola morte dun traballador de 45 anos nun accidente laboral ocorrido en...

Presentado en Burela o Iberdrola Surfing Day

  A Presidenta da Deputación e Alcaldesa de Burela, Carmela López, participou hoxe na presentación...