InicioEconomíaSorpresa polos "excelentes" datos sobre turismo na Mariña

Sorpresa polos “excelentes” datos sobre turismo na Mariña

O director do Hotel Thalasso Cantábrico As Sirenas, en Viveiro, Jose Pereira, cualificou de "estraño" o resultado presentado por Exceltur porque "non coincide" coa situación que el e os seus compañeiros observaron durante a tempada

Publicada o

- Advertisement -

Hostaleiros e representantes do sector do turismo na Mariña mostraron “sorpresa” ante o dato de Exceltur, divulgado a semana pasada, que apuntaba a unha caída nos ingresos do sector na zona de costa galega durante o pasado verán. Para eles, a tempada foi “todo un éxito, con facturación e ocupación superando as de 2024”.

“Aumentaron as pernoitas nesta zona, incrementouse o turismo internacional e tamén a presenza de peregrinos a través do Camiño Norte, que aínda, a día de hoxe, seguen pasando rumbo a Compostela“, subliñou a presidenta da Federación de Comercio da Mariña (FCAM), Carmen Cruzado.

As informacións que manexa a Federación apuntan que o verán de 2025 “foi moi bo” en canto a número de visitantes e tamén de facturación nos establecementos. “Iso é o que nos contan a maioría dos nosos locais asociados”, recalcou.

Nesta liña, a presidenta de FCAM coincide no seu discurso co que trasladou a Europa Press a xerente de Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, Tania Hermida Varela, con relación á “desestacionalización” do turismo na zona.

Esta representante da Mancomunidade incidiu en que desde a entidade está a traballarse na diversificación do “abanico de oferta turística” para atraer a máis visitantes durante todo o ano. “Estamos nun contexto de crecemento da demanda, co cal esperamos seguir aumentando dunha forma sostible”, afirmou.

A TEMPADA “VAISE AMPLIANDO”

Por iso, a presidenta de FCAM engadiu que a tempada na Mariña “vaise alongando”. “En meses como maio ou outubro cada vez é máis normal tropezarse con turistas estranxeiros e nacionais por calquera recuncho da Mariña lucense. A ansiada ‘desestacionalización’ está a comezarse a notar”, sentenciou.

En concreto, alude a que negocios de todo tipo (panaderías, pastelerías, gasolineiras, bares, restaurantes, hoteis, etc) tiveron “un moi bo verán, mellor que o 2024”.

Con todo, o informe de Exceltur indicaba que Galicia rexistrou un aumento do 6,4% nos ingresos do sector turístico durante o verán, fóra da Mariña.

Especificamente na división por zonas, o estudo apuntaba que rexistraron un verán positivo nas Rías Altas (+11,2%), Rías Baixas (+5,6) e Costa da Morte (5%), mentres que na Mariña rexistrou un resultado negativo, un menos 5,5% en ingresos.

“NÓTASE O TRABALLO DE HORMIGUITA”

O director do Hotel Thalasso Cantábrico As Sirenas, en Viveiro, Jose Pereira, cualificou de “estraño” o resultado presentado por Exceltur porque “non coincide” coa situación que el e os seus compañeiros observaron durante a tempada. Concretamente, Pereira adianta que en xullo o hotel rexistrou un crecemento en ocupación do 17%, en comparación co mesmo mes do ano anterior.

Así mesmo, detectouse un incremento, aínda que máis tímido, en agosto, do 2% nas pernoitas. Por outra banda, segundo o director a facturación do Thalasso Cantábrico creceu un 20% en xullo e un 2% en agosto. Este representante do “hotel máis grande” da zona incidiu en que a sensación entre os profesionais do sector é que foi “unha das mellores tempadas” en canto a ocupación e número de visitantes.

“Nótase que a comarca está a dar duro, crecendo. O traballo de hormiguita está a dar resultado”, celebrou.

Nesta mesma liña, o director do Hotel O Cabazo, en Ribadeo, tamén confesa que os datos de Exceltur sorprendéronlle porque non se rexistrou a caída nos meses de xuño, xullo e agosto. “Por exemplo, en xuño, con respecto ao 2024, subimos en ocupación un 6%. Tamén subimos o prezo medio en 14 euros e, por tanto, subimos un 15% de ingresos totais”, exemplificou.

Por iso, o directivo avanza que a nivel de ingresos o hotel superou un 1% dos ingresos do ano pasado. “Para nós, estes tres meses de verán foron mellores que o ano pasado, tanto en ocupación como en ingresos”, finaliza.

ÚLTIMAS

José Leal: “O Cantábrico galego estaba moi esquecido na historiografía galega, por iso quixen escribir sobre el”

-Por que escribiches este traballo sobre a pesca no Cantábrico de Lugo? Sobe o Cantábrico...

Antonio Rey, directivo do Xove FS: “Cada tempada hai que reinventarse porque cada día competir é máis complicado”

  -Como entraches nesta aventura do Xove Fútbol Sala? Durante o ano 2009 xuntámonos varios amigos...

Foz asina a cesión do edificio da residencia e centro de día co Consorcio Galego

O Concello de Foz acaba de asinar hoxe, venres, a transmisión de titularidade do...

Ribadeo iniciará en breve as obras na rúa Buenos Aires con apoio da Consellería do Mar e Portos de Galicia

O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, agradece a colaboración da Consellería do Mar e...