Traballadores de Serveo, empresa auxiliar da planta de alúmina de Alcoa en San Cibrao, continúan coas súas protestas ante o complexo da Mariña para reclamar melloras na negociación do convenio colectivo.
Así, os traballadores realizaron este venres un corte 06.00 horas a 09.00 horas e avanzaron que proseguirán coas mobilizacións a próxima semana.
Os operarios reclaman unha subida salarial para o novo convenio que, segundo apuntaron fontes do comité de empresa, “só subiu un 0,25” tras tres mobilizacións.
