InicioEconomíaDebate sobre turismo e sostibilidade na Mariña o 1 de outubro

Debate sobre turismo e sostibilidade na Mariña o 1 de outubro

Este foro está dirixido aos perfís de técnicos e profesionais do sector turístico da Mariña Lucense e doutros puntos do territorio galego, pero tamén á cidadanía en xeral, como axente activo no proceso de xerar un turismo máis respectuoso co territorio

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña será o vindeiro 1 de outubro o punto de encontro do debate sobre o turismo e a sostibilidade, un evento impulsado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense co obxectivo de favorecer a reflexión sobre o papel do turismo na sociedade actual.

O I Foro Turismo e Sostibilidade A Mariña Lucense celebrarase na Casa da Cultura do Valadouro e trátase dun evento participativo que nace coa vocación de acoller todos os puntos de vista dos axentes sociais implicados no sector turístico: o público, o privado e a propia cidadanía.

Expertos en turismo e sostibilidade de referencia internacional na xestión de territorios, destinos e empresas compartirán as súas experiencias e analizarán xunto cos participantes o alcance da sostibilidade no sector turístico e a contribución que este sector ten no eido económico, social e cultural.

O encontro, o primeiro destas características que se celebra na Mariña Lucense, busca favorecer a comunicación e intercambio de experiencias cos diferentes axentes do turismo na Mariña e coa poboación local, ao tempo que se analizan as tendencias a nivel global. Trátase, tal como se plantexa desde a Mancomunidade, dunha oportunidade para obter conclusións de cara á xestión sostible do turismo na comarca, achegando clave para abordar retos e desafíos de futuro.

Este foro está dirixido aos perfís de técnicos e profesionais do sector turístico da Mariña Lucense e doutros puntos do territorio galego, pero tamén á cidadanía en xeral, como axente activo no proceso de xerar un turismo máis respectuoso co territorio. Será sen dúbida un espazo enriquecedor para o intercambio de ideas e experiencias coas que avanzar cara un modelo de turismo máis sostible.

A iniciativa enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade da Mariña, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, e que nos últimos anos vén avanzando na execución de diferentes proxectos que teñen como obxecto favorecer o desenvolvemento dun turismo máis integrador, respectuoso e de calidade no territorio.

PROGRAMA

9:00-9:15h: Recepción e acreditación de participantes

9:15-9:30h: Inauguración oficial

BLOQUE 1. É posible un turismo sostible?

9:30-10:05h: David Mora, director do Máster de Turismo Gastronómico do Basque Culinary Center.

BLOQUE 2. Perspectivas

10:15-10:50h: A perspectiva do territorio

Alfonso Bertrán, Arquitecto da Fundación RIA

11:00-11:35h: A perspectiva dos destinos turísticos

Nere Aritzoy. Mancomunidad de UrolaKosta (Gipuzkoa)

11:45-12:30h: Pausa café

12:30-13:05h: A perspectiva das empresas

Patricia Dueñas. Experta en sostibilidadee economía circular. Circle Economye Grupo Iberostar

13:05-14:15h: Mesa redonda

13:05-13:20h:É posible un turismo sostible?

Introdución a cargo de Iñaki Gaztelumendi. Consultor estratéxico no sector turístico e asesor de ONU Turismo

13:20-14:15h: Turismo sostible

Modera: Iñaki Gaztelumendi

Interveñen:

– David Mora, director do Máster de Turismo Gastronómico del Basque Culinary Center

– Alfonso Bertrán, arquitecto da Fundación RIA

– Patricia Dueñas, experta en sostibilidade e economía circular

– NereAritzoy, Mancomunidad UrolaKosta

– Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña

– José Manuel Villapol, representante na Mesa de calidade no SICTED da Mariña e xerente do hotel rural Finca Goleta-Foz

– Pepe Peinó, coordinador do programa Mariña Marabillosa

– Carmen Cruzado, presidenta da Federación de Comercio A Mariña

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...