InicioEconomíaMancomunidade da Mariña recibe o premio turismo sostible da Deputación

Mancomunidade da Mariña recibe o premio turismo sostible da Deputación

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, recollerá mañá o galardón no decurso da IV Gala de Premios de Turismo

Publicada o

- Advertisement -

O modelo de turismo sostible impulsado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense foi recoñecido na cuarta edición dos premios outorgados pola Deputación de Lugo, na categoría de Turismo Sostible. A candidatura Camiño cara a sostibilidade turística na Mariña Lucense. Proxectos que definen unha traxectoria resultou gañador do Premio Turismo Sostible, recoñecendo así este proxecto como un exemplo para o impulso dun modelo turístico respectuoso co territorio.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, recollerá mañá o galardón no decurso da IV Gala de Premios de Turismo, un certame promovido polo Consello Provincial de Turismo, impulsado e presidido pola Deputación Provincial de Lugo, que ten como obxectivo recoñecer aquelas iniciativas que contribúen a difundir e reforzar a identidade lucense. López amósase satisfeita con este recoñecemento “polo que supón para todo o traballo que vimos desenvolvendo desde hai anos na Mancomunidade”.

Turismo sostible, o reto da Mariña Lucense

A candidatura presentada pola Mariña Lucense integra aqueles proxectos desenvolvidos na Mancomunidade co obxectivo de fomentar un modelo turístico máis sostible e integrador co territorio, atento á calidade e respectuoso coa súa contorna e coa súa poboación.

Así, a memoria fai referencia ás redes de colaboración tecidas ao abeiro do turismo slow Norte de Galicia, do SICTED e do Colectivo de Gastronomía da Mariña; aos produtos turísticos xerados ao redor da ornitoloxía e da xeoloxía, ás audioguías ficcionadas, aos Plans con corazón e aos Obradoiros con corazón; e á comunicación xerada, desde o concepto de sostibilidade, con proxectos como AMODO e A Mariña Latexa Contigo.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...