InicioEconomíaI Foro sobre Turismo e Sostibilidade da Mancomunidade da Mariña

I Foro sobre Turismo e Sostibilidade da Mancomunidade da Mariña

O encontro, no que participarán expertos en turismo e sostibilidade de diferentes organizacións, busca favorecer a comunicación e intercambio de experiencias cos diferentes axentes do turismo na Mariña e coa poboación local, analizar as principais tendencias a nivel global e obter conclusións para o futuro do turismo na comarca

Publicada o

- Advertisement -

O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acollerá o vindeiro 1 de outubro o I Foro Turismo e Sostibilidade A Mariña Lucense, cuxo obxectivo é converterse nun punto de encontro para debater o alcance da sostibilidade no sector turístico; contribuír ao recoñecemento económico, social e cultural do turismo; e reflexionar sobre o papel do sector na sociedade actual.

O encontro, no que participarán expertos en turismo e sostibilidade de diferentes organizacións, busca favorecer a comunicación e intercambio de experiencias cos diferentes axentes do turismo na Mariña e coa poboación local, analizar as principais tendencias a nivel global e obter conclusións para o futuro do turismo na comarca. Outra das principais finalidades é a de posicionar A Mariña como un lugar de reflexión e debate sobre os retos e desafíos da actividade turística.

Este I Foro Turismo e Sostibilidade está dirixido a técnicos e profesionais do sector turístico da Mariña Lucense e á cidadanía en xeral, co obxectivo de crear un espazo de intercambio de ideas coas que avanzar cara un modelo de turismo máis sostible no destino. As persoas interesadas en asistir deben formalizar a súa inscrición, que será totalmente gratuíta,a través do seguinte formulario:

https://docs.google.com/forms/d/1l9ho2-xkV6N-Hezp4EJPhH1d4K5tbkTI1j1bWZ9lno8/edit

A iniciativa enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade da Mariña, a Axencia Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, e que nos últimos anos vén avanzando na execución de diferentes proxectos que teñen como obxecto favorecer o desenvolvemento dun turismo máis integrador, respectuoso e de calidade no territorio.

PROGRAMA

9:00-9:15h: Recepción e acreditación de participantes

9:15-9:30h: Inauguración oficial

BLOQUE 1. É posible un turismo sostible?

9:30-10:05h: David Mora, director do Máster de Turismo Gastronómico do Basque Culinary Center.

BLOQUE 2. Perspectivas

10:15-10:50h: A perspectiva do territorio. Alfonso Bertrán, arquitecto da Fundación RIA

11:00-11:35h: A perspectiva dos destinos turísticos. Mancomunidad de Urola Kosta (Gipuzkoa)

11:45-12:30h: Pausa café

12:30-13:05: A perspectiva das empresas. Patricia Dueñas. Experta en sostibilidade e economía circular. Circle Economye Grupo Iberostar

13:05-14:15h: Mesa redonda

13:05-13:20h: É posible un turismo sostible?

Introdución a cargo de Iñaki Gaztelumendi, consultor estratéxico no sector turístico e asesor de ONU Turismo

13:20-14:15h: Turismo sostible. Modera: Iñaki Gaztelumendi

Interveñen:

  • David Mora, director do Máster de Turismo Gastronómico do Basque Culinary Center
  • Alfonso Bertrán, arquitecto da Fundación RIA
  • Patricia Dueñas, experta en sostibilidade economía circular
  • Representante Mancomunidad Urola Costa
  • Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros e vicepresidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña
  • José Manuel Villapol, representante na Mesa de calidade no SICTED da Mariña e xerente do hotel rural Finca Goleta-Foz
  • Pepe Peinó, coordinador do programa Mariña Marabillosa

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...