InicioEconomíaO comité de Alcoa presenta un informe sobre Ignis EQT antes da...

O comité de Alcoa presenta un informe sobre Ignis EQT antes da asemblea de traballadores

O informe estuda a evolución máis recente da empresa --coa que a multinacional do aluminio asinou un acordo relativo á planta da Mariña-- utilizando os balances e as contas de resultados dos exercicios contables máis recentes --en concreto as de 2023--.

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, traslada un informe económico-financeiro sobre Ignis EQT –elaborado pola sección de industria de CC.OO.– xornadas antes de celebrar unha asemblea xeral de traballadores.

O informe estuda a evolución máis recente da empresa –coa que a multinacional do aluminio asinou un acordo relativo á planta da Mariña– utilizando os balances e as contas de resultados dos exercicios contables máis recentes –en concreto as de 2023–.

Cun resultado positivo que “garante a viabilidade do proceso produtivo”, a continuación CC.OO. advirte de que “chama poderosamente a atención (…) que realice unha doazón de 400.000 á Fundación da Cidadanía Global da cal é presidente a Administración Único”. E é que iso “provoca que o exercicio económico de 2023 peche con perdas de 129.767 euros”.

Esta semana, o presidente do comité, José Antonio Zan, charlou brevemente co rei Felipe VI e a raíña Letizia durante a súa visita a Burela e pediulles visitar a planta de San Cibrao como fórmula para impulsar a procura dunha solución para a factoría.

ÚLTIMAS

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...

O sector pesqueiro reclama a Bruxela levantar o veto sobre o palangre “pedra-bola”

CEPESCA, Europêche e OPP Burela reclamaron este mércores no Parlamento Europeo unha modificación urxente...

PP de Lugo acusa ao Goberno de “esconder o seu incumprimento” coa autovía da Mariña

O senador do PP pola provincia de Lugo José Manuel Balseiro acusou ao Goberno...