InicioEconomíaA finais de ano comezarán as obras da primeira planta de cría...

A finais de ano comezarán as obras da primeira planta de cría de salmón en Galicia, que estará en Burela

Ocupará ao redor de 20.000 metros cadrados.

Publicada o

- Advertisement -

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou que a finais de ano comezarán as obras da que vai ser a primeira planta de cría de salmón en Galicia, que contará cun apoio de 30 millóns da Administración autonómica. Segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, a conselleira mantivo este venres un encontro en Oslo con directivos da empresa norueguesa Seafood Legacy, quen lle confirmaron que a finais de ano empezarán as obras no concello de Burela.

As conversacións producíronse durante a feira internacional de construción naval e transporte marítimo de Noruega, Nor-Shipping 2025, que se celebra en Oslo do 3 ao 6 de xuño. Nesta liña, as actuacións, que supoñen un investimento de 80 millóns de euros, dos que a Xunta achegará uns 30 millóns, xa “contan con todos os permisos” para ocupar ao redor de 20.000 metros cadrados no porto de Burela. Nela, avanzou a Xunta, prevese producir “unhas 3.300 toneladas de salmón ao ano” e estímase que creará “ata un centenar de postos de traballo directos e indirectos”. Lorenzana asegurou que a creación desta planta “é unha moi boa noticia” porque se trata de “un proxecto industrial máis que se instala en Galicia, que confía e que aposta pola Comunidade”.

PRETO DE 30 EMPRESA GALEGAS

Tal e como explicou o Goberno galego, Nor-Shipping atrae cada ano ás principais empresas marítimas do mundo, armadores, estaleiros, fabricantes de equipos, asociacións e autoridades portuarias. A conselleira visitou este certame acompañada dunha delegación de preto de 30 empresas galegas do sector encabezadas por Aclunaga, Asime e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, presentes nesta feira co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Durante a xornada, Lorenzana destacou que se trata dunha “oportunidade única para explorar no mercado internacional novas oportunidades de negocio nun momento en que o naval galego rexistra a maior carga de traballo desde 2019”. Así mesmo, a titular de Industria subliñou que Galicia finalizou 2024 con 22 contratos na carteira de pedidos, o que supón o 40 % do total nacional. A actividade ponderada representa o 41 %, por enriba de Asturias (34 %) e País Vasco (26 %), o que sitúa a Galicia como líder nacional.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...