InicioEconomíaFCAM celebrará a súa Asemblea xeral en Foz o 14 de maio

FCAM celebrará a súa Asemblea xeral en Foz o 14 de maio

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, comentou que “o vindeiro 14 de maio celebraremos a xuntanza, que nos vimos na obriga de suspender hai uns días por mor do apagón do pasado 28 de abril, xornada na que ía ter lugar este encontro”

Publicada o

- Advertisement -

A asemblea xeral da FCAM terá lugar o vindeiro 14 de maio en Foz. O empresariado da Mariña foi convocado a esta cita.

Esta xuntanza estaba prevista para o pasado 28 de abril, pero a directiva da FCAM decidiu suspendela debido ao apagón que sufriu ese día o país.

No acto intervirán: José Carlos Paleo, tesoureiro na actualidade e ex presidente da Mariña Federación; Beatriz Irigoyen, asesora da FCAM; e Carmen Cruzado, presidenta da FCAM. Os tres explicarán a traxectoria da FCAM desde a súa posta en marcha, o traballo desenvolvido ao longo destes anos e os proxectos nos que está a traballar na actualidade para contribuír á dinamización económica da comarca e das súas empresas.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, comentou que “o vindeiro 14 de maio celebraremos a xuntanza, que nos vimos na obriga de suspender hai uns días por mor do apagón do pasado 28 de abril, xornada na que ía ter lugar este encontro”.

Cruzado Iglesias lembrou que “o obxectivo desta xuntanza é que sirva para sumar á FCAM a todas as asociacións de comerciantes e hostaleiros da Mariña e tamén aos colectivos do ámbito turístico ao noso proxecto. Tamén queremos contar con aquelas empresas e/ou establecementos dos municipios nos que non existan colectivos ou asociacións para que saiban que na FCAM todos temos cabida en grupo ou de xeito individual e particular”.

Desde a FCAM convidan a asistir a este encontro que se celebrará o 14 de maio no salón de actos do Cenima, en Foz, ás 19:30 horas.

ÚLTIMAS

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...

Licitada a rehabilitación de 6 vivendas para aluguer accesible en Ribadeo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,...