InicioEconomíaRueda avisa a Segismundo García: "Hai que recuperar a actividade de Sargadelos...

Rueda avisa a Segismundo García: “Hai que recuperar a actividade de Sargadelos canto antes”

O empresario oObrigou aos empregados a coller unha semana de vacacións ou entrar na fábrico "baixo as súas responsabilidades". CC.OO. recrimina ao Ministerio de Traballo e ao seu titular, Yolanda Díaz, que "está desaparecida".

Publicada o

- Advertisement -

Segismundo García, o propietario de Sargadelos, comeza a ter en contra a todos; empregados, partidos políticos e, agora, administracións, tanto do Goberno central, como da Xunta e o propio concello. Ás críticas feitas por traballadores e sindicatos este luns, sumouse tamén o presidente da Xunta, que aínda que, prudente, tamén lle deu un pequeno tirón de orellas. “O que vexo desexable é que a atividade nesta empresa se retome canto antes”.

Rueda non quiso afondar na crise laboral aberta por este peche patronal pero foi contundente. “Estamos seguindo esta situación de preto e a mensaxe que hai que trasladar é que hai que recuperar a actividade canto antes”. Unha clara mensaxe ao propietario da histórica Sargadelos.

O presidente da Xunta insistiu en que Segismundo García ten que cumplir a lexislación laboral. “Iso é ineludible”, indicou. “Que canto antes Sargadelos siga sendo orixe de boas noticias e non as que xera nos últimos días, que non gustan a ninguén, a min o primeiro”, manifestou.

PIDE “TEMPO”

A alcaldesa de Cervo, Doloress García, ve ao dono de Sargadelos, Segismundo García, “aberto ao diálogo” e pide “unha pequena marxe” de tempo para que a súa situación se resolva.

PULSO COS TRABALLADORES

Uns poucos traballadores entraron á fábrica de Sargadelos en Cervo (Lugo) á hora do comezo da súa quenda este luns, segundo informa o representante de CC.OO. José Antonio Zan. Outros aceptaron ir de vacacións, como decidiu o dono de maneira repentina o pasado venres, e o groso segue ás portas da planta.

No medio do pulso que mantén o propietario de Sargadelos a Traballo –dúas empregadas desenvolveron silicoses e os inspectores pídenlle medidas para adecuar a factoría ás normativas de seguridade e saúde laboral–, o pasado xoves foi o primeiro día que Segismundo García, “Segis”, decidiu o peche das portas da fábrica, polo que o persoal de produción pasou a mañá no exterior.

O venres repetiuse a xogada, coa excepción de que a dirección chamou aos empregados, segundo informou a alcaldesa de Cervo, Dolores García, para pedirlles ou ben que aceptasen ir esta semana de vacacións ou ben asinar que entrarían na planta baixo a súa responsabilidade.

A maior parte do persoal –asesorado por representantes sindicais, pero sen comité desde hai anos– rexeitou calquera das dúas opcións, aínda que algúns si accederon a adiantar vacacións e outros entrar na planta “baixo a súa responsabilidade”.

En todo momento, a Inspección de Traballo matizou que non obrigaba a pechar as instalacións, senón que daba un prazo para que a dirección de Sargadelos emendase ata 36 deficiencias detectadas. A maiores, impuxo unha multa de 5.000 euros ao empresario.

SINDICATOS

Pola súa banda, os sindicatos CC.OO., UGT e CIG rexistraron este luns unha solicitude de reunión con carácter urxente á Inspección de Traballo, para abordar a situación da fábrica de Sargadelos en Cervo (Lugo).

O representante de CC.OO. José Antonio Zan informa a Europa Press de que queren coñecer o expediente laboral aberto á empresa, tendo en conta que Traballo detectou que dúas empregadas da planta de Cervo desenvolveron silicose e pediu ao dono emendar as ata 36 deficiencias detectadas na factoría.

“SENTADOS PERO SEN TRABALLAR”

Este luns, segundo apunta o representante de CC.OO., uns poucos traballadores accederon ao interior da fábrica, aínda que “parece ser que non teñen unha ocupación efectiva” e están “sentados pero sen traballar”. En calquera caso, José Antonio Zan matiza que descoñecen cal é a situación exacta, tendo en conta que o que predomina é “o escurantismo”.

Segundo Zan, o número de empregados que aceptaron ir de vacacións esta semana é “moi residual” e recrimina ao Ministerio de Traballo e ao seu titular, Yolanda Díaz, que “está desaparecida”. O departamento que dirixe a ferrolá pediu unha reunión urxente coa dirección de Sargadelos o pasado venres, pero non consta que recibise contestación.

Pola súa banda, a Xunta “está a pedir tempo para negociar” –o conselleiro de Emprego, José González, foi quen levou as conversacións a semana pasada–, segundo este portavoz sindical, que advirte que os traballadores están “moi enfadados” pois o que queren é poder volver á normalidade.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...