InicioEconomíaOs traballadores de Alcoa pedirán a intervención a través da SEPI no...

Os traballadores de Alcoa pedirán a intervención a través da SEPI no Congreso e no Parlamento “da man” do BNG

O presidente do comité, José Antonio Zan, avoga por que haxa unha solución da SEPI, xunto co fondo de garantía, para dar "viabilidade máis aló do acordo asinado", o cal "garanta que non se vai a perder unha empresa básica para o Goberno de España".

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores Alcoa levarán ao Congreso e Parlamento galego, “da man” do BNG, a reclamación dunha intervención do complexo de San Cibrao, no municipio de Cervo, a través da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) para garantir o seu futuro no caso de que non haxa unha “solución”. Tras a celebración dunha asemblea xeral de traballadores este mércores en San Cibrao, o presidente do comité, José Antonio Zan, explicou que esta petición tamén se defenderá en municipios e Deputación de Lugo.

Asegura que o farán a través do Bloque: “O único que nos apoia nesta reclamación, todos os demais ‘onde dixen digo, digo Diego”. De tal forma, Zan avoga por que haxa unha solución da SEPI, xunto co fondo de garantía, para dar “viabilidade máis aló do acordo asinado”, o cal “garanta que non se vai a perder unha empresa básica para o Goberno de España”.

E é que fai fincapé en que a propia OTAN puxo o foco sobre que o aluminio é unha “materia prima necesaria nestes momentos” para a industria militar, aínda que tamén lembra que é clave para outros sectores como o farmacéutico ou alimentario. O pasado martes, Alcoa e Ignis EQT asinaron un acordo de empresa conxunta (‘joint venture’) para apoiar a continuidade do funcionamento do complexo de San Cibrao no que se impulsará o rearrinque este ano.

ÚLTIMAS

Pastor Fábrega Álvarez: “O castro de Cabo Burela pode dar moitas sorpresas por estar moi ben conservado”

  Esta é a primeira prospección arqueolóxica que se realiza no Cabo de Burela? Si, é...

María José Barreira, PSOE do Valadouro: “a resposta de por que o concello non cumpre con Facenda é botar balóns fóra”

— Cal é o motivo polo cal o Concello do Valadouro é considerado como...

O novo libro dos Bolechas dedicado á multiculturalidade de Burela

O Concello de Burela presentou este venres na Praza da Mariña o libro Os...

Morre un home en Foz por un incendio nunha vivenda da localidade

Unha persoa perdeu a vida este xoves tras producirse un incendio nunha vivenda situada...