InicioEconomíaNova xornada de folga en Vestas Eólica para reivindicar un convenio digno

Nova xornada de folga en Vestas Eólica para reivindicar un convenio digno

"Os traballadores e as traballadoras de Vestas non só contribuímos a unha transición enerxética, senón que merecemos condicións dignas para seguir facéndoo", defenden desde o comité de empresa

Publicada o

- Advertisement -

Persoal de Vestas Eólica secunda este venres unha nova xornada de folga, a sexta neste mes de marzo, en demanda dun convenio colectivo digno que “non supoña un retroceso dos dereitos e seguir perdendo poder adquisitivo”.

Diso informou a CIG nun comunicado, no que explica que, con motivo da folga, os traballadores e traballadoras tamén realizan unha concentración ante as instalacións de Norvento, en Lugo.

O sindicato nacionalista asegura que Vestas, dedicada á fabricación e mantemento de turbinas eólicas –propias e doutras marcas como Gamesa ou Suzlon– emprega a miles de persoas no Estado español.

Con todo, denuncia que a empresa “se nega a negociar de forma efectiva co persoal”. A CIG explica que o pasado martes, a mesa de negociación pechouse sen acordo, o que desencadeou na aplicación a outros territorios da folga iniciada o 10 de marzo en Galicia.

Desde entón, conforme indica, os traballadores de Vestas –a quen se sumaron os de Asturias– están a secundar de forma masiva paros cada luns e venres de marzo.

A representación da CIG critica que, lonxe de buscar solucións e abrir “un diálogo real”, Vestas aférrase á súa postura inicial, rexeita as alternativas formuladas polos sindicatos e, ademais, “presiona coa ameaza de ir a convenios provinciais se o persoal non acepta as súas condicións”.

Ao tempo, a central nacionalista sostén que a empresa ofrece acordos individuais a algunhas persoas ““baixo condicións dubidosas e a custo mínimo, asegurando dispoñibilidade a clientes como Iberdrola, Naturgy ou Enel,” pero “sacrificando os dereitos dos que sosteñen a actividade diaria: persoal técnico, especialista, persoal e de campo e de oficinas”.

A este respecto, os delegados da CIG sinalan que o único que se demanda é “un convenio xusto que beneficie a ambas as partes, non un convenio de mínimos que prexudique ao persoal”. Ademais, atribuíron a extensión das mobilizacións a esta falta de vontade negociadora da dirección, á que acusan de bloquear unha saída ao conflito.

“Os traballadores e as traballadoras de Vestas non só contribuímos a unha transición enerxética, senón que merecemos condicións dignas para seguir facéndoo”, defenden.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...