InicioEconomíaA CIG denuncia o apoio do Goberno ao "desmantelamento de Alcoa"

A CIG denuncia o apoio do Goberno ao “desmantelamento de Alcoa”

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, cualifica de "intolerable" o feito de que o Goberno español e a Xunta, tamén asinante do memorando de entendemento (MOU) en xaneiro, "acepten desta forma a grave situación que se vive no complexo industrial de San Cibrao"

Publicada o

- Advertisement -

O sindicato CIG denuncia a “absoluta entrega” do Goberno español aos “plans de desmantelamento de Alcoa para o complexo de San Cibrao” e ao seu “aval dos reiterados incumprimentos” do acordo de viabilidade, segundo traslada en nota de prensa.

Ademais, critican a exclusión do comité de empresa, que inclúe representación da CIG, na reunión celebrada este mércores no Ministerio de Industria en Madrid. Cualifican este feito como “unha escalada no proceso de blanqueamiento dos proxectos da multinacional”.

Para a central nacionalista isto é síntoma de que o obxectivo é “lexitimar o incumprimento que Alcoa está a facer do acordo” e así asumir o plan da multinacional, ao que se refiren como “de inviabilidade”.

A CIG cre que “se deixa na estacada o futuro industrial da comarca” ao renunciar “na práctica” á obra do forno e ao “secuestrar como reféns os investimentos de arranque e do depósito de barros vermellos (DBR)”.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, cualifica de “intolerable” o feito de que o Goberno español e a Xunta, tamén asinante do memorando de entendemento (MOU) en xaneiro, “acepten desta forma a grave situación que se vive no complexo industrial de San Cibrao”.

O representante sindicalista insiste nun incumprimento da dirección de Alcoa “ano tras ano” do acordo de viabilidade asinado cos traballadores.

Nesta liña, insta os Gobernos central e autonómico a “seguir o exemplo do ano 2021 e impulsar un proceso de negociación coa multinacional no que participen todos os sindicatos presentes no comité e o propio comité de empresa”.

ÚLTIMAS

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...

Foz amplía o horario da Biblioteca Municipal ‘Salgado Toimil’

O Concello de Foz continúa mellorando os servizos culturais, neste caso da súa biblioteca...