InicioEconomíaSart Galicia Pesca quedará coas instalacións de Pescados Rubén

Sart Galicia Pesca quedará coas instalacións de Pescados Rubén

A nova propietaria tamén anunciou que subrogará a 29 dos 80 traballadores que tiña Pescados Rubén no momento no que entrou en concurso de acredores

Publicada o

- Advertisement -

O administrador do concurso de acredores da empresa de Foz Pescados Rubén pechou o prazo de presentación de ofertas de compra da pesqueira sen máis propostas que a que xa se propuña no documento do concurso, a de Sart Galicia.

Aínda que houbo unha empresa máis polo menos que visitou as instalacións, non fixo a oferta formal no prazo establecido, polo que será Sart Galicia Pesca, con sede social en Burela e vinculada á sociedade limitada Euroservipesca, a que quede coas instalacións da factoría focense.

Esta tamén anunciou que subrogará a 29 dos 80 traballadores que tiña Pescados Rubén no momento no que entrou en concurso de acredores.

Segundo explicou a secretaria de acción sindical de UGT, Isabel López López, os delegados foron chamados pola empresa concursal a unha reunión o vindeiro luns, 10 de marzo, ás 12.00 horas, para comezar a negociación do expediente de regulación de emprego.

A delegada sindical explicou tamén que a empresa compradora presentara unha lista cos 29 traballadores que ía a subrogar, todos con nomes e apelidos, pero dous deles xa se deron de baixa e están noutro traballo, do mesmo xeito que outro tres que non estaban nesa lista, polo que se reduce o número de traballadores que irán ao ERE.

A finais do pasado ano, Pescados Rubén, que chegou a alcanzar cifras de facturación de 43 millóns de euros, anunciou a retirada do histórico patrocinio do club de fútbol sala de Burela, que ten dous equipos en Primeira División, debido a problemas económicos. Ese foi o principio dun proceso de quebra que culminou coa presentación do concurso de acredores a principios do mes de febreiro.

A empresa, asentada no polígono de Fazouro, xustificou o peche alegando problemas de solvencia debido a unha débeda acumulada con provedores e atraso nas nóminas.

Pescados Rubén, comercializadora de peixe fresco, elaborado e conxelado, que mantiña negocios con 40 países, foi fundada en 1964 polo matrimonio formado por Rubén e Cesarina.

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...